Convocatoria de actividades formativas na EGAP (Febreiro 2020)

A EGAP ven de convoar as actividades do primeiro semestre para o persoal da Administración autonómica. Tamén convocou cursos de prevención de riscos laborais e de linguaxe administrativa e xurídica galega.

Para inscribirse deberán de realizalo no seguinte enlace:  https://egap.xunta.gal/matricula

 

Resolución do 12 de febreiro de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da administración institucional. (DOG, 18 de febreiro)

DESTINATARIOS:

Po persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (…)

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

10 días. Dende as 8:00 hrs. do 19 de febreiro ata as 23:55 do 4 de marzo

Resolución do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. (DOG, 16 de febreiro)

DESTINATARIOS:

Mediante o convenio de colaboración asinado entre a EGAP e o Issga convócanse dous cursos de prevención de riscos laborais, un xeral e outro específico sobre actividades de tempo libre, dirixido ao persoal empregado público, ás persoas que traballen por conta allea ou como autónomos, aos empresarios e a aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Dende as 8:00 hrs. do 17 de febreiro ata as 23:55 do 26 de febreiro.  

Resolución do 8 de febreiro de 2021 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da comunidade autónoma de galicia para o ano 2021.(DOG, 16 de febreiro)

DESTINATARIOS:

Empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario galego.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Dende as 8:00 hrs. do 13 de febreiro ata as 14:00 do 24 de febreiro. 

Resolución do 8 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da administración de xustiza que preste servizos fóra da comunidade autónoma de galicia para o ano 2021.(DOG, 16 de febreiro)

DESTINATARIOS:

Maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que presten servizos fóra da CA de Galicia.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Dende as 8:00 hrs. do 13 de febreiro ata as 14:00 do 24 de febreiro.