Función Pública incumpre o seu compromiso de avisar con catro semanas de antelación ao inicio das oposicións.
Nin dous meses, nin un mes, nin tan sequera con catro semanas de antelación, que era o último compromiso público dado polo Director Xeral de Función Pública de anunciar o inicio das oposicións.
Función Pública ven de anunciar o día de hoxe a data do primeiro exercicio para os procesos selectivos de Fisioterapia, Terapia ocupacional e Enfermería. Todos eles terán lugar o vindeiro 14 de marzo de 2021.
Un anuncio que fai cunha antelación de 24 días incumprindo a palabra do Director Xeral de avisar cunha antelación mínima catro semanas.
O persoal de enfermería, que está esgotado, dos primeiros en ser examinados.
A diferenza doutros colectivos, as circunstancias laborais excepcionais de todo este colectivo fixo materialmente imposible que puidesen dedicar tempo a preparar as oposicións. Pois dende o comezo da pandemia, o persoal de enfermería, tanto dos centros sanitarios como sociosanitario, estiveron na primeira liña dando o mellor de si, xuntando xornadas maratonianas sen apenas descansos e acumulando un tremendo esgotamento, tanto físico como emocional.
Se esperaba por parte de Facenda un mínimo recoñecemento á inconmensurable labor destes centenares de traballadores e que, polo menos, anunciase a data das súas oposicións cunha antelación suficiente que lles permitira organizarse para poder ter unha oportunidade de estabilizar o seu emprego. Era o mínimo que se podía esperar.
Sen embargo, o modo que ten este goberno de agradecer o esforzo do persoal de enfermería é realizando as súas oposicións as primeiras de todas e sen apenas antelación.
Poderán dicir que non, pero a única explicación é a pretensión de Facenda de dar preferencia na fase oposición aos aspirantes da quenda libre.
E, seguramente, quen tomou esta decisión saíu algún día a aplaudir ao balcón…