Alegacións ao regulamento de segunda actividade dos Axentes forestais e facultativos medioambientais

Alegacións da CSIF ao borrador de regulamento polo que se regula o réxime aplicable á segunda actividade do persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.

A proposta da CSIF oriéntase a establecer a regulación do réxime aplicable a segunda actividade co obxecto de garantir unha adecuada aptitude psicofísica do persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais que realizan tarefas operativas de intervención directa en incendios forestais.

Para elo, propoñemos tres causas polas cales poderase solicitar o pase a segunda actividade; por razóns de idade, pola prestación de servizos en postos que realizan tarefas operativas de intervención directa en incendios forestais durante un determinado número de anos, ou por insuficiencia das aptitudes psicofísicas para o desempeño de tarefas operativas de intervención directa en incendios forestais.

Dende a CSIF entendemos que esta ampliación dos supostos establecidos para o pase a segunda actividade resolvería unha parte dos problemas actuais presentes no SPIF, posibilitando que todos os postos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais que realizan tarefas operativas de intervención directa en incendios forestais estean dotados con persoal funcionario apto para ditas tarefas.

Coa presentación desta proposta, dáse por entendido que propoñemos a modificación da lei 2/2015, de emprego público de Galicia, para a incorporación destes novos supostos.

Por todo elo, e sobre a proposta feita pola administración, facemos as seguintes alegacións (en cor vermello as propostas da CSIF e tachado o texto rexeitado).

Consulta aquí as ALEGACIÓNS