Información sobre determinados temas de emprego público: Concursos, funcionarización, excedencias de camareiras-limpadoras/auxiliares de clínica.
Información facilitada polo Director Xeral de Función Pública na Comisión de Persoal celebrada o día 03 de marzo de 2021.
Concursos de traslados.
1.- Concurso de funcionarios da Administración Xeral.
Previsións de que estea rematado no mes de xullo. O director xeral eludiu pronunciarse sobre a data de toma de posesión.
Entre os meses de marzo e abril farase publico o listado definitivo de participantes e a baremación provisional.
2.- Concurso de persoal funcionario da Escala de Veterinarios.
Pendente dunha reunión de Función Pública coa Consellería de Sanidade. Previsión de negociar as bases entre os meses de marzo e abril.
3.- Concurso de funcionarios da Escala de Finanzas.
Previsión de negociar as bases no mes de marzo.
4.- Concurso da Administración Especial.
Sen previsión. Afirma que se está a traballar neste tema.
Funcionarización.
1.- Novos procesos:
Durante os meses de marzo e abril serán negociadas algunhas convocatorias (sen especificar cales), coa previsión de realizar os exames en verano.
2.- Procesos xa celebrados:
O día 16 de marzo se celebrarán os exámenes daqueles traballadores que non puideron participar nos primeiros procesos por causas xustificadas.
Durante os meses de marzo e abril se negociaran as modificacións das correspondentes RPT’s para a conversión dos postos de persoal laboral en postos de funcionarios. A RPT correspondente á Consellería de Política Social levará unha negociación independente.
Previsión de que a toma de posesión como persoal funcionario teña lugar antes do verano.
Aclaración sobre excedencias de Camareiras-limpadoras/Auxiliares de clínica:
As persoas que sendo persoal temporal ou indefinido non fixo superaron os anteditos procesos, non poden tomar posesión no novo posto e, simultaneamente, pedir excedencia para volver ao posto que ocupaban en réxime temporal.
NOTA IMPORTANTE.
CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo Director de Función Pública, nin moito menos, do cumprimento dos prazos que se sinalan. CSIF, simplemente, fai de correa de transmisión das ditas informacións aos empregados públicos e demais persoas interesadas.