Propostas da CSIF para a mellora das condicións de emprego dos funcionarios de carreira.

Propostas para a modificación da Lei do emprego público de Galicia, a través de emendas á Lei de medidas fiscais e administrativas do ano 2022 (Lei de acompañamento aos orzamentos).

Por cuarto ano consecutivo, a CSIF ven de remitir a Consellería de Facenda unha batería de medidas de mellora das condicións de emprego dos funcionarios da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Unhas medidas que, sen supoñer incremento de gasto para a Administración, teñen por finalidade poñer fin á situación de agravio comparativo na que se atopan os funcionarios que dependen da Consellería de Facenda con respecto, non so aos funcionarios doutras Comunidades Autónomas, senón tamén e mesmo con respecto a funcionarios doutros sectores da propia Xunta de Galicia.

Así, CSIF solicita que a través da lei de acompañamento aos orzamentos do ano 2022 se modifique a Lei de emprego público de Galicia para permitir que:

1.- Excedencia voluntaria por nomeamento provisional, para permitir que os funcionarios de carreira poidan optar a un posto de traballo dun grupo superior a través de un nomeamento como persoal funcionario interino o dun contrato como persoal laboral temporal, pero con reserva do posto de  traballo do que é titular o funcionario.

2.- Promoción interna con carácter temporal, para permitir que os funcionarios de carreira poidan desempeñar provisionalmente, ata a súa provisión polo procedemento de concurso de méritos, postos de traballo correspondentes a escalas do seu mesmo grupo profesional ou doutro superior.

3.- Comisión de servizos temporal, para permitir que un funcionario de carreira poida ocupar con carácter temporal,  mediante comisión de servizos voluntaria, un posto de traballo correspondente a unha escala de administración xeral ou especial, sempre que reúna os requisitos e posúa a titulación.

4.- Promoción interna vertical do subgrupo C1 ao subgrupo A1, tal e como permite a Disposición transitoria terceira do EBEP.

6.- Redución do prazo mínimo de permaneza a seis meses para poder participar no concurso xeral, do mesmo xeito que foi reducido o prazo de permaneza para participar nos concursos específicos.

Así mesmo, as ditas propostas foron remitidas aos grupos parlamentarios galegos, a quen se lles solicitou unha reunión coa finalidade de coñecer a sensibilidade de cada un deles cos funcionarios da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Con respecto da Consellería de Facenda, esperamos que, de volver a rexeitar todas e cada unha destas lexítimas proposta de mellora das condicións de emprego dos seus funcionarios, esta vez o faga dunha maneira xustificada e non cun simple “non procede”, única resposta dada nos últimos tres anos.

Consulta aquí as  Propostas da CSIF