Os principios de prudencia e seguridade xurídica exixen a suspensión da negociación convocatoria de calquera proceso selectivo que incluía prazas de consolidación ou estabilización.
O pasado 22 de novembro, o Sector da Administración Xeral da Xunta de Galicia do sindicato CSIF solicitou por escrito ao Conselleiro de Facenda a suspensión temporal da negociación e convocatoria de calquera proceso selectivo dimanante dos procesos de consolidación ou estabilización, así como aqueles que puidesen incluír prazas ou postos afectados polo proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidades que se está a tramitar no Congreso dos Deputados.
A nova Lei, unha vez aprobada, vai conter a habilitación do artigo 61.6 do Estatuto Básico do Empregado Público, posibilitando ás Administracións Públicas convocar os procesos selectivos de estabilización mediante o sistema de concurso de méritos.
Elo vai a afectar a todas as prazas ocupadas temporalmente, como mínimo, dende o 01 de xaneiro de 2016 a 31 de decembro de 2020.
Por isto, en aras de adecuar a situación ao novo e inminente escenario, evitar a masiva xudicialización que podería implicar a duplicidade de prazas, co conseguinte aumento innecesario do gasto público, así como en base aos principios de prudencia e seguridade xurídica e dotar de eficacia á nova Lei a aplicar, o Sector de Administración Xeral da Xunta de Galicia da CSIF solicitou do Conselleiro de Facenda:
- A retirada e suspensión da negociación de todas as convocatorias de procesos selectivos dimanantes dos procesos de consolidación, estabilización, así como daqueles que puideran incluír de calquera modo prazas o postos que se atopen no rango de aplicación do proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade (como mínimo do 01 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2020)
- A retirada de todos os postos o prazas de persoal interino ou temporal que estean afectados por procesos de selección no período comprendido no período mínimo do 01 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2020.
Subsidiariamente ao anterior, a CSIF solicitou a identificación e cuantificación de todos os postos ou prazas afectados polo prazo temporal resinado. E isto co obxectivo de que os procesos de selección que, no seu caso, sexan convocados o sexan de conformidade á finalidade da antedita norma estatal, implicando o caso contrario un aumento da inseguridade xurídica e da litioxidade.
Consulta aquí o Escrito dirixido ao Conselleiro de Facenda