Función Pública non quere deixar rastro dos seus chanchullos e négase, unha vez mais, a incorporar ás actas das mesas de negociación as intervencións da CSIF cando estas poñen en evidencia as actuacións irregulares da Xunta.
O director xeral de Función Pública exerce a presidencia da mesa xeral de negociación de empregados públicos por delegación do Conselleiro de Facenda. Exerce polo tanto, aínda que por delegación, a representación do goberno da Xunta de Galicia.
A intervención da CSIF censurada tiña que incorporarse á acta 11/21 da mesa xeral de empregados públicos, celebrada o pasado 5 de agosto do ano 2021. Dita acta foi levada para aprobación á mesa xeral de negociación do pasado día 23 de novembro. Sen embargo, o director xeral de Función Pública negouse a incorporala, a pesares de que así fora solicitado e, a tal efecto, remitida por correo electrónico.
A mesa xeral de negociación de empregados públicos celebrada o pasado 5 de agosto de 2021, incluía no seu punto segundo da orde do día o proxecto da ORDE pola que se modifica a Orde do 25 de marzo de 2015, pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia, e se regula a desistencia das solicitudes presentadas no procedemento iniciado ao abeiro dela.
Unha integración que, como xa denunciou a CSIF o 17 de decembro de 2021 e o 20 de xaneiro de 2021, a través do seu boletín heraldtoupeiras, está feita a medida para beneficiar directamente á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e outros membros do goberno galego.
Con este proxecto de Orde, Función Pública persegue, a través dun fraude de lei, reactivar unha Orde do ano 2015 para a integración do persoal da EPOSH como persoal laboral da Xunta de Galicia.
Unha integración que despois de ser solicitada voluntariamente polos traballadores da EPOSH foi desestimada por falta de resolución da propia Función Pública no prazo de tres meses.
Así, a Orde de integración do ano 2015, no seu artigo 3, establecía que “O transcurso do prazo de tres meses desde o vencemento do prazo de presentación das solicitudes sen se ter ditado a resolución correspondente habilitará os interesados para entenderen desestimadas as súas solicitudes.”
O certo é que as solicitudes de integración non foron resoltas polas presións dos propios interesados, toda vez que unha vez formulada a solicitude déronse de conta que a súa integración como persoal da Xunta implicaba unha importante perda de retribucións, que nalgúns casos alcanzaba cerca dos 20.000€ anuais en concepto de trienios.
Isto era debido a que ata o ano 2021 ás integracións do persoal dos entes instrumentais (caso da EPOSH) como persoal da Xunta de Galicia se lles aplicaba a redacción orixinal da Disposición transitoria primeira do Decreto 129/2012, que regula os procedementos de integración.
Tal disposición, na súa redacción orixinal, establecía que ao persoal que, como consecuencia da integración experimentase unha diminución en cómputo anual das retribucións brutas fixas e periódicas se lles recoñecerá un complemento persoal de integración transitorio consistente na diferencia de retribucións.
Pero, a dita disposición adicional, na redacción orixinal aplicable no ano 2015, excluía para el cálculo de ese complemento os importes acreditados en concepto de trienios.
Os traballadores da EPOSH teñen unhas retribucións moi superiores ao do persoal da Xunta de Galicia e os importes dos trienios supoñen un 5% do soldo por cada tres anos de servizo. Nalgúns casos, o percibido unicamente por trienios superan os 27.000€/ano.
Sen embargo, a Xunta modificou esa Disposición adicional, unilateralmente e a costas dos sindicatos, a través da Lei de medidas administrativas do ano 2021. E isto para permitir que o persoal dos entes que se integren a partir do ano 2021 poidan facelo sen perder os importes acumulados en concepto de trienios cando estes sexan de maior cuantía que os percibidos polo persoal da Xunta.
Pero, a nova norma ten aplicación, en todo caso, dende a súa entrada en vigor, polo que non lle sería de aplicación ao persoal da EPOSH, toda vez que o seu procedemento é do ano 2015 e se rexe pola normativa anterior.
En definitiva, o que pretende a Xunta, é aplicar unha norma do ano 2021 a unhas solicitudes de integración do ano 2015 que, ademais, foron desestimadas pola propia Xunta por silencio administrativo.
E a pesar de que CSIF pediu expresamente a incorporación á acta da mesa a súa intervención, o director de Función Pública negouse a elo para evitar que quede constancia das criticas deste sindicato que poñen de manifesto un verdadeiro acto de nepotismo.
Consulta aquí a Intervención da CSIF censurada
«El censor es el más idiota de todos los personajes que frecuentan la vida pública, es una suerte de capataz que se excede en sus obligaciones»
(Elvira Lindo, creadora de Manolito Gafotas)