Descontos en carburante para afiliados da CSIF: GALP, CEPSA, SBC E REPSOL

CSIF recorda aos seus afiliados que poden desfrutar de descontos interesantes en cada unha das repostaxes de combustible.

Ante a abrupta escalada dos prezos de combustible , dende a CSIF recordamos a todos os nosos afiliados que teñen dereito a interesantes descontos en todo tipo de carburante para vehículos a motor.

Aqueles afiliados que aínda non tramitasen a súas tarxetas de desconto poden poñerse con contacto coa súa Unión Provincial.

Así mesmo, aqueles traballadores que desexen beneficiarse destes descontos, poden tramitar a súa afiliación directamente a través dos seus delegados sindicais, ou a través das diferentes Unións Provinciais da CSIF en Galicia.

Para beneficiarte dos descontos, tes que presentar a tarxeta de carburante da CSIF, válida en toda a rede de estacións de servizo das seguintes compañías:

GALP

CEPSA

SBC (A Coruña, Santiago, Ribeira, Narón, A Estrada, Cambados e Tui)

BP

REPSOL

 

* Para máis informaión e/ou a súa tramitación contacta con: vicesecretaria77@gmail.com (Os datos necesarios son: DNI + Matrícula Coche + Tipo carburante + Enderezo postal)

Ademais, como afiliado da CSIF podes beneficiarte de todas as ofertas e promocións que, en diversos ámbitos, ofrecemos aos nosos afiliados a través da Acción Social.

Consulta aquí a Acción Social da CSIF