OPEs extraordinarias 2022 en aplicación da Lei 20/2021, para a redución da temporalidade na Administración da Xunta de Galicia e entes instrumentais

Documentación que será levada á Mesa Xeral de Empregados Públicos do día 20 de maio de 2022.

1.- Proposta de criterios comúns para a aplicación do proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (Administración Xeral da Xunta de Galicia e entes instrumentais do sector público autonómico).

2.- Proposta de criterios xerais da Oferta de Emprego Público extraordinaria 2022, derivada da Lei 20/2021, OPE que afecta a:

  • Prazas adscritas a corpos, escalas e categorías profesionais da Administracion Xeral da Xunta de Galicia a prazas dependentes da Dirección Xeral de Función Pública.
  • Prazas adscritas a determinados entes instrumentais do sector público autonómico.

3.- Proposta de decreto polo que se aproba a Oferta de Emprego Público extraordinaria derivada da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público para o persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma no ámbito de aplicación da Lei 17/89, do 23 de outubro.

Ver documentación:

Borrador criterios comúns estabilización

Borrador Decreto OPE Extraordinaria Admon. Xeral e Entes Instrumentais

Borrador Decreto OPE Lei 17/89 estabilización

Relación prazas da Lei 17/89 para estabilización