AGADIC. A volta dos “chiriguitos” na Xunta de Galicia da man de Antón e Sutil como protagonistas dunha farándula.

A xerente da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o seu director elaboran a relación de postos de traballo coma se fose o guión dunha burda comedia.

A Ley 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia nacía cunha clara vocación política de armonizar os criterios do emprego público e aplicar as mesmas reglas tanto ao persoal da Xunta como ao persoal dos distintos entes instrumentais. Todo elo para poñer fin ao sistema clientelar e de xestión nepótica,  que era a razón e a orixe de ser dos ditos entes, e deixar no pasado a concepción que se tiña deles como “administración paralela” ou chiringuitos, como eran coñecidos denostadamente.

Pero, para sorpresa de todos, o concepto de chiringuito na Xunta de Galicia volve a estar de actualidade, á vista da proposta de modificación da RPT de AGADIC.

A proposta de modificación da RPT de AGADIC, presentada o pasado 24 de febreiro aos sindicatos pola xerente do ente, María Antón, e polo director do mesmo, Jacobo Sutil, convértese na versión mais grotesca do concepto de chiringuito.

Dita RPT que, segundo afirmou María Antón, necesitou de dous anos, nada mais e nada menos, para a súa elaboración, está conformada unicamente con elementos subxectivos “ad personan”. Nuns casos para o beneficio directo e persoal de determinados traballadores (os considerados “xente de ben”). Noutros para o castigo directo a outros empregados publicos (os do grupo de “xente de mal”).

Todo isto como se de un xogo da lotería se tratase no que, dependendo do grupo de xente que sexas, podes ser agraciado ou desgraciado.

Análise da proposta de modificación da RPT do novo chiringuito AGADIC.

 1.- A destrución do emprego público.

O primeiro que chama a atención é a supresión de nove postos de traballo para atender outras necesidades máis prioritarias que non se especifican, e porque non teñen incidencia nas necesidades do servizo:

  • 6 Postos base C2
  • 1 Xefatura de grupo
  • 1 Subalterno
  • 1 Xastra

María Antón no da conta do saldo resultante destas amortizacións nin a que necesidades mais prioritarias vai ser destinado ese remanente económico. Ao fin e ao cabo os chiringuitos caracterízanse, entre outras cousas, porque os seus xestores non teñen a obriga de xustificar o que fan co diñeiro público nin entre quen se reparten.

O xogo da lotaría da Sra. Antón e do Sr. Sutil.

Como xa dixemos, a RPT de AGADIC configurase como un xogo de lotaría, onde haberá agraciados e desgraciados en función do particular entendemento dos xestores do chiringuito dos criterios de mérito e capacidade.

2.- O turno dos agraciados na lotaría.

Sacamos a primeira bola do bombo: Posto CU.A11.00.000.15770.028, C1 Nivel 14, ocupado por persoal laboral temporal. A Sra. Antón e o Sr. Sutil o recalifican ao Nivel18 (coa observación de ocupado por laboral temporal) e lle outorgan forma de provisión por Libre Designación.

Empezan ben os directivos de AGADER: Amortizan un posto de concurso, ocupado por un laboral temporal, e o converten en LD.

A maiores, lle meten un complemento de responsabilidade de 90,87€ mensuais. Complemento que se suprimirá no momento en que a persoa que o ocupa  actualmente cese no posto e sexa provisto regulamentariamente por persoal funcionario de carreira, xa que ese funcionario de carreira non vai ser tan responsable como quen ocupa agora o posto. Di María Antón, que unicamente se seguen criterios obxectivos.

 Sacamos a segunda bola, e tócalle ao posto CU.A11.00.001.15770.015. Posto que se denomina “Relacións Públicas”, nivel 20 pero que reconverten en nivel 22, lle mudan o nome a Xefatura de sección de comunicación”, a abren aos subgrupos A1, A2 e C1 e lle meten “horario especial” en observacións para que non pareza tanto regalo. Praza que, segundo parece, xa ten titular.

A terceira bola ven con premio dobre e lles toca dous postos base do subgrupo C2: CU.A11.00.002.15770.091 e CU.A11.00.002.094. Trátase dun premio extraordinario. Reclasificación  do nivel 12 de Complemento Específico ao nivel 18. Reclasificación directa de “Posto base C2” a “Xefatura de negociado” e nos din que se trata de dous laborais fixos que se funcionarizaron e fan tarefas de maior responsabilidade que a que se

lles aboa. Se entende que o resto de funcionarios do subgrupo C2 non fan tarefas de tanta responsabilidade ou, directamente, son irresponsables.

A cuarta bola, tamén con premio dobre, tocoulle ao dous postos de Tremoeiro/a. O primeiro premio ao posto CU.A11.00.004.15770.083, que debe ser o máis tremoeiro/a de todos/as e lle pasan a chamar “tremoeiro/a de escena”, se lle engaden un complemento B12 de 3.339,96€ por responsable.

O resto de tremoeiros non deben ser tan responsables, aínda que pensamos que irresponsables tampouco, senón os mandarían para Verín ou sabe Deus onde.

O segundo posto premiado é o CU.A11.00.004.15770.086, que pasa a denominarse “tremoeiro/a supervisión intendencia e material”, agraciado co mesmo complemento B12 que o anterior e por outros 3.339,96€.

E xa o quinto e último premiado polo director do Agadic é o posto CU.A11.00.001.15770.035, Administrador/a de Producción de Centros. Posto do subgrupo  C1 que se abre agora tamén ao C2, pasando do nivel 16 a 18, disque para asignarlle un nivel axeitado ao grao de responsabilidade da persoa titular e facilitar a cobertura. Algo curioso porque o posto xa ten ocupante.

3.- O turno dos desgraciados no xogo da lotaría de AGADIC (o grupo considerado como a xente de mal).

Primeira bola de penalización. Cambio de ubicación de dous postos da Coruña a Santiago. Auxiliar de son, código CU.A19.40.90115001.058 e Mestre/a gaiteiro/a código CU.A19.40.901.15001.073. No expediente non se aportan autorizacións por parte dos titulares dos postos, aínda que tampouco se informa de si están ocupados ou non. Pero es que nin a Sra. Antón nin o Sr. Sutil tampouco son capaces de explicar os motivos destes cambios de ubicación.

Neste punto o director de AGADIC sutilmente alude a un traballador que non acude a traballar. Como? Que lle están pagando a alguén que non traballa? Que nin sequera vai polo posto? Dis que si. Por qué non se abre un expediente disciplinario? A responsabilidade no caso de ser certo sería claramente da director e da xerente.

Unha vez que comezan a preguntar os sindicatos, un dos asistentes á reunion por parte da Administración, apura a dicir que ese é un tema que non corresponde tratar neste momento. Magoa, para unha vez que intentaban explicar unha das medidas tomadas na proposta nos deixan así, a velas vir.

En fin, entendemos que se trata dun castigo arbitrario por parte do Sr. Sutil ou da Sra. Antón para alguén que non traballa como a eles lle gustaría.

Cada vez temos máis claro o concepto particular de obxectividade ao que facía mención a Sra. Antón ao inicío da reunión. Semella que o Sr. Sutil e a Sra. Antón viñeron aquí, cal sultán de Brunei, a premiar barrigas agradecidas e castigar aos estómagos de difícil dixestión

Lamentablemente, mais que á negociación dunha RPT, os sindicatos asistimos á representación dun esperpento, á recreación dunha Comedia Bárbara, onde os protagonistas, os comediantes Antón e Sutil, pretenden colonizar a súa pequena parcela da Administración, outorgando premios e asignando castigos por arte de birlibirloque e tratando de reinstaurar os tempos pasados, que pensábamos xa esquecidos, dos chiringuitos galaicos.

Tal vez algún “órgano superior» da Xunta teña que recordarlle a estes comediantes que na Administración xa non está permitido actuar en base aos criterios da mera vontade e do capricho persoal.