Poñemos ao voso dispor o «Protocolo de actuación na asistencia integral ás vítimas do delito, con especial consideración ás vítimas de violencia de xénero e outras vítimas especialmente vulnerables», que nos fai chegar a secretaría do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que foi aprobado o 28 de marzo de 2023.
Este Protocolo establece os principios básicos de actuación do persoal adscrito ás Oficinas de Atención ás Vítimas do Delito, fundamentalmente do persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e máis do persoal da Psicoloxía e do Traballo Social, no que atinxe á súa actuación respecto de calquera delito con carácter xeral, e, moi especialmente, en relación coas vítimas de violencia de xénero e con outras vítimas especialmente vulnerables.
A finalidade perseguida con este Protocolo é axudar a que se recoñeza e expanda o servizo e a labor desempeñada polos/as profesionais das Oficinas de Atención ás Vítimas do Delito, actualmente existentes nos decanatos dos xulgados das principais cidades galegas, e que se harmonicen os seus principios de actuación e se implanten as medidas precisas de coordinación e cooperación entre todos os organismos que entran en contacto coas vítimas.
- Para consultar e descargar o Protocolo, preme aquí
- O Protocolo estará dispoñible na Intranet de Xustiza nos vindeiros días no seguinte enlace «https://intranet.xustiza.gal/protocolos«, segunda informa a Secretaría do Observatorio
- Así mesmo, darase publicidade ao Protocolo na Intranet de Xustiza co correspondente anuncio na páxina de inicio.