Novas de Función Publica. Información facilitada, ou non, polo Director de Función Pública

Novas de Función Pública sobre concursos, xornada de 35 horas, procesos selectivos e funcionarización.

Información facilitada, ou non, polo director de Función Pública na Comisión de Persoal do día 25 de abril de 2023.

Sobre os procesos selectivos que se están a resolver:

1.- Camareiras-Limpadoras do último proceso como persoal laboral e que están en destino provisional:

No mes de maio ou de xuño se ofertaran todas as prazas ao proceso de funcionarización.

2.- Auxiliares de enfermería. Criterios de toma de posesión.

Os criterios serán “mais ou menos” similares aos habituais:

En primeiro lugar, se ofertarán as prazas que xa veñen ocupando como persoal temporal.

En segundo lugar, se ofertarán as vacantes puras

En terceiro lugar, se ofertarán as prazas ocupadas por persoal interino con menor antigüidade.

Concursos de traslados de funcionarios da Administración Xeral:

Neste caso, o director xeral de Función Pública non quixo dar información. En consecuencia, poderíase afirmar que non está prevista a celebración de concursos de mobilidade nun futuro próximo para os funcionarios da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Implantación da xornada de 35 horas na Administración Xeral da xunta de Galicia.

O director de Función Pública informa de que se están a negociar acordos nesta materia con determinados colectivos doutros ámbitos (SERGAS)

Pero que, de momento, a redución da xornada para os empregados públicos da Administración Xeral da Xunta non toca.”

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo Director Xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a ditas información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.