Alegacións á RPT de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública

Terceiras alegacións da CSIF ao borrador de acordo entre a consellería de Sanidade  e as organizacións sindicais sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo e ordenación e mellora da prestación de servizos farmacéuticos oficiais da clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública (FISP).

O pasado 16 de maio  recibimos un segundo borrador de proposta de acordo sobre a ordenación e mellora da prestación de servizos farmacéuticos oficiais da clase FISP, elaborado pola Consellería de Sanidade tras as alegacións feitas polo CSIF e o resto das OOSS ao primeiro borrador.

Neste segundo borrador realizáronse uns cambios positivos que dende o noso punto de vista  fan máis factible que se chegue a un acordo:

  • Aumentase o complemento de destino de estes inspectores do 22 ao 24 por facer funcións de inspección e ser autoridade sanitaria en exercicio das súas funcións (non se podía aceptar que a xustificación de esta subida de nivel fora a condución de vehículos oficiais).
  • Aumentase o complemento específico, igualándose ao dos IVISP, para retribuír as novas condicións de traballo (réxime especial de prestación de servizos).
  • Iguálanse aos IVSP a maioría das condicións do réxime especial de prestación de servizos, entre outras o máximo de quendas de tarde (10) ao bimestre, o máximo de gardas localizadas (6) ao ano, e a revisión do apartado de funcións que requiren presencia física en fines de semana e a súa retribución.

Pero tamén vemos que hai outros puntos que requiren un cambio o unha maior explicación dos motivos que os fan tan necesarios para a administración:

1. No primeiro borrador e na actual RPT hai 88 postos de FISP. Neste segundo borrador aparecen 81, polo que supoñemos que eses 7 postos se van a amortizar. Entendemos que ningunha de esas pazas que se van a amortizar está ocupada actualmente, pero solicitamos a súa confirmación (que estean vacantes a día de hoxe). O número de FISP  xa é pequeno, e as súas funcións aumentan cada ano, polo que a Consellería podería xustificar posteriormente con facilidade os desprazamentos por cuestións de necesidade.

2. Seguimos sen coñecer a RPT  que acompaña a estes cambios. Nesa RPT figuran por tanto eses 5 postos de nova creación con funcións de coordinación dos programas de sanidade ambiental (supoñemos que  vanse a amortizar 7 postos de FISP e créanse 5 postos de coordinación de sanidade ambiental).

Do borrador  parece desprenderse que estes postos de coordinación estarán reservados aos FISP como forma de promoción interna. Interésanos coñecer si isto é así o si eses postos están abertos a outros corpos ou clases. Tamén interesa coñecer a ubicación destes postos de coordinación.

3. Mobilidade. Un dos puntos máis importantes para CSIF  é que as condicións laborais e económicas dos FISP  non sexan peores cas dos IVISP, xa que entendemos que as súas funcións son similares e de igual valor. Non cabe neste acordo amortizar postos por un lado e xustificar por outro a necesidade de maior mobilidade do persoal farmacéutico polo “incremento temporal da súa carga de traballo”.

As alertas epidemiolóxicas que se producen nunha determinada zona farmacéutica non duran nunca máis aló duns poucos días laborais, e non existe a día de hoxe ningún programa sanitario de sanidade ambiental temporal que xustifique un incremento da carga de traballo que necesite unha mobilidade de 30 días laborais. O único que poderia xustificar esta mobilidade serían as mostraxes das zonas de baño, que están externalizadas tras a folga dos FISP. A mobilidade temporal máxima de 30 días ao ano tería algunha xustificación no caso de que esta administración sanitaria decidira non voltar a externalizar as mostraxes das zonas de baño, feito do que non temos constancia a día de hoxe.

Polo anteriormente exposto entendemos que a mobilidade temporal máxima NON PODE SER SUPERIOR A 25 DÍAS HÁBILES AO ANO, tal e como figura no acordo firmado no ano 2008.

4. Formación específica 954: carne de conducir.

Neste punto non estamos de acordo en ningún caso polos motivos que pasamos a explicar:

4.1.- Na actual RPT de Sanidade non hai ningún posto, máis aló dalgún posto de subalterno, que teña como obrigatoria a función de condución “954”. Non a teñen os inspectores de servicios sanitarios (médicos e farmacéuticos) nin os subinspectores sanitarios. Estes profesionais utilizan vehículos oficiais nos seus desprazamentos para facer as inspeccións que teñen encomendadas, e non aparece na RPT esa formación específica.

E o traballo se fai.

4.2.- Tampouco aparece esta formación específica obrigatoria nas RPT dos distintos inspectores veterinarios oficiais que existen nas distintas consellerías, Sanidade incluída. Estes inspectores tamén realizan os desprazamentos necesarios para as súas inspeccións en vehículos oficiais, e non teñen nas correspondentes RPT esta obriga.

E o traballo se fai.

4.3.-  Tampouco figura a día de hoxe este requisito na actual RPT para os FISP, e os FISP levan utilizando os vehículos oficiais dende a creación do seu corpo de inspección xa que é o único medio de desprazamento que a administración sanitaria pon para facer os desprazamentos necesarios para facer as inspeccións.

E o traballo se fai.

A mellor garantía para que o traballo se siga facendo é ofrecerlles aos FISP unhas boas condicións laborais e retributivas das que hoxe en día carecen, evitando así que teñan unha sensación de discriminación como a que teñen na actualidade. Neste punto lembramos novamente que non pode haber calidade nin acreditación sen contar co compromiso do persoal (suficiente, implicado e motivado).

4.4.- O último parágrafo deste apartado SÉPTIMO non é de recibo: actualmente se está a levar a cabo unha OPE que non inclúe dentro dos seus requisitos a formación específica “954: permiso de conducir B”. Non se pode por tanto esixir posteriormente como requisito para a toma de posesión unha vez superada a fase de oposición.

Entendemos que neste caso, co requisito de condución,  compre facer o mesmo que no acordo co IVISP do 2008: a necesidade de conducir os vehículos oficiais NON FIGURA NAS RPTs, xa que figura unicamente nas memorias funcionais das correspondentes RPT (Sanidade, Medio Rural, Medio Ambiente,…):

RPT SANIDADE, MEMORIA FUNCIONAL 2011:

“ Considerase que o complemento específico dos postos deste RPT, retribúe tanto as condicións específicas de traballo dos mesmos tal e como se describe no Acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia de 31 de outubro de 2008, como a condución dos vehículos postos a súa disposición por parte da administración, e necesarios para o normal desempeño das tarefas de inspección.”

RPT CONSELLERÍA DO MAR, MEMORIA FUNCIONAL 2011:

“Todos estes postos créanse nos servizos centrais da Consellería do Mar coa denominación Funcionario Inspección Pesqueira, con nivel 24 de complemento de destino e co complemento específico que de conformidade co precitado acordo do 31 de outubro de 2008 retribúe as tarefas de inspección que teñen atribuídas, con todo o que isto implica, incluso no seu caso , a condución de vehículos para o correcto e normal desenvolvemento das funcións inspectoras.”

Polo tanto pedimos que la condución figure unicamente na memoria funcional da RPT, E QUE NON SE ESIXA PARA a toma de posesión das distintas OPES de FISP que se están  levando a cabo na actualidade.

5. Vixencia e denuncia

Neste punto entendemos que as modificacións retributivas derivadas do presente acordo deben ter efectos económicos dende a data de súa firma.

Así consta tamén no acordo dos IVISP do 31 de outubro do 2008:

“As modificacións retributivas derivadas do presente acordo terán efectos económicos dende a data da súa firma.”

Non pode quedar a validez do acordo a expensas dunha RPT que segundo o Director de Función Pública non existe ou non toca negociala. Compete a Función Pública e a Consellería de Sanidade presentar a nova RPT, negociala e aprobala, cuns prazos que dependen exclusivamente deles: poden presentala este ano, o ano que ven o cando queiran, e entón o acordo non valerá para nada e haberá que voltar a negocialo.

Pedimos xa na primeira e única reunión de negociación que se presentase dita RPT, pero FP non o fixo. A validez retributiva do acordo non pode quedar a expensas dunha decisión arbitraria dunha das partes.

6. Respecto ao resto das alegacións anteriormente presentadas por CSIF (35 H semanais, compensacións polas gardas localizables, horario de verán, días especiais do ano…), entendemos que máis tarde o máis temprano deben negociarse e figurar de algún modo nas condicións laborais do persoal inspector e de todo o persoal desta administración sanitaria que estea a quendas e teña a obriga de facer gardas, pero non é un punto irrenunciable para chegar a un acordo.

Neste escrito de alegacións voltamos a propoñer unhas melloras lóxicas e asumibles pola consellería, que permitirán crear un sistema de gardas no eido da sanidade ambiental que non existe a día de hoxe.