Nota informativa da Comisión de Persoal celebrada o día 14 de xuño de 2023. Modificación de diversas RPT’s

Rpt’s da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Axencia Galega de Innovación (GAIN), Consellería de Política Social e Xuventude.

  1. Modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades

A proposta da consellería supón, entre outras cousas, unha importante destrución de emprego público. Inclúe aperturas a outras administracións e a persoal docente e unha serie de amortizacións de postos, principalmente de subalterno, auxiliar administrativo e xefaturas de grupo que servirán para financiar postos de estrutura.

Sentido do voto:

CSIF: EN CONTRA

CIG: EN CONTRA

CCOO: EN CONTRA

UXT: EN CONTRA

  1. Modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Neste caso tamén existe unha importante desproporción entre amortizacións e creacións de postos. Ademais, estase a abrir o posto de dirección da Área de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas a persoal da administración xeral e da administración especial así como a persoal de outras administracións, cando inicialmente se plantexou a necesidade dun perfil eminentemente técnico.

Sentido do voto:

CSIF: EN CONTRA

CIG: EN CONTRA

CCOO: EN CONTRA

UXT: EN CONTRA

  1. Modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude

Como consecuencia do peche temporal do hospital asilo San Sebastián e San Lázaro do concello de Ribadeo trasladarase aos usuarios ás residencias de maiores das Gándaras e de Burela, ambas dependentes da Consellería de Política Social.

Por tal motivo, para atender ás novas necesidades dos citados centros, a consellería propón a creación de 29 prazas entre auxiliares de enfermaría, enfermeiros/as, camareiros/as limpadores/as e oficiais de cociña.

Como é lóxico, non nos opoñemos á creación das prazas, pero lamentablemente dende a consellería non nos ofreceron información axeitada para valorar se estes postos van a ser suficientes.

Sentido do voto:

CSIF: ABSTENCIÓN

CIG: EN CONTRA

CCOO: A FAVOR

UXT: ABSTENCIÓN

 

 

Categorías RPT