Novas de Función Pública relativas a procesos selectivos, eleccións de destino, horario de verán e acordo dos FISP
Información facilitada polo director xeral de Función Pública nas últimas reunións coas organizacións sindicais:
Horario de verán
Remitirase en breve a instrución que regulará o horario de verán, que abranguerá dende o 16 de xuño ata o 15 de setembro.
Procesos selectivos
Publicaranse nestes días as listaxes provisionais de 10 procesos selectivos da Lei 20/21 correspondentes a persoal laboral dos grupos III, IV e V. Serán procesos de concurso-oposición.
Publicarán tamén, o día 23 deste mes, as listaxes de 37 procesos de concurso e 14 de concurso-oposición de funcionarios A1.
Sucesivamente irán publicando o resto.
Anuncian tamén unha repesca de funcionarización que prevén comenzar a negociar para convocar o antes posible.
Eleccións de destino
Sobre os buzóns achegados recentemente para as eleccións de destino dos procesos de veterinarios, educadores e auxiliares de clínica, informan que logo das alegacións presentadas polas organizacións sindicais fixeron algúns cambios. Entre outras modificacións, incluirán os postos de nova creación nas residencias das Gándaras e Burela. No caso de veterinarios, engadirán algunhas prazas xa que algunhas das ofrecidas inicialmente teñen o requisito de doutoramento. Remitirán os buzóns de novo.
FISP
Sobre o acordo que se está a negociar cos FISP, informa o director xeral que están pendentes de reunirse coa Consellería de Sanidade para valorar as alegacións achegadas polas organizacións sindicais.
Nota importante:
CSIF non se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo Director Xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a ditas información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.
