Información sobre modificacións de diversas RPT’s e bases dos procesos selectivos de orientación laboral A1 e A2, inspección turística, condución, sistemas e tecnoloxías da información, letrados e estatísticos
O día 4 tivemos unha Comisión de Persoal que veu cargada de contido. Ata 15 puntos do día que incluían a modificación de varias RPTs e as bases de sete procesos selectivos. Tamén nos ofreceron algunha información sobre outros asuntos.
1.- As RPTs que se discutiron foron as seguintes:
RPT da Atriga: créanse varios postos nas delegacións da Coruña e Lugo ao asumir estas o traballo das correspondentes zonas de recadación. Ábrese tamén unha xefatura de área de asuntos xerais ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Sentido do Voto:
CSIF: A Favor
CIG: A Favor
CCOO: A Favor
UGT: A Favor
RPT de Política Social: afectan a catro postos de auxiliar de clínica. Reconvírtenos e amplíanos a xornada completa.
Sentido do Voto:
CSIF: A Favor
CIG: A Favor
CCOO: A Favor
UGT: A Favor
RPT de Augas de Galicia: trátase da adaptación do nivel de dous postos procedentes do cadro de persoal da extinta EPOSH.
Sentido do Voto:
CSIF: A Favor
CIG: En contra
CCOO: A Favor
UGT: A Favor
RPT de Agadic: Cando iniciamos a negociación desta modificación, a axencia presentou unha proposta imposible de asumir. Amortización de postos base, outros postos a extinguir, reclasificacións directas, traslados á carta, complementos salariais para uns si e para outros non…Finalmente, logo da intervención das organizacións sindicais, elimináronse as reclasificacións directas, o reparto discrecional de complementos, algún traslado, algunha libre designación e as aperturas desproporcionadas a toda clase de persoal. Dende CSIF valoramos positivamente (case) tódalas modificacións que se fixeron con respecto á proposta inicial, pero pensamos que non é abondo. O balance final segue a supoñer unha importante destrución de emprego. E segue a haber un traslado de dubidosa xustificación.
Sentido do Voto:
CSIF: En contra
CIG: En contra
CCOO: En contra
UGT: A favor
2.- Bases de procesos de selectivos:
As bases dos procesos selectivos (orientación laboral A1 e A2, inspección turística, condución, sistemas e tecnoloxías da información, letrados e estatísticos) tal e como xa esperábamos, non chegaron con grandes cambios con respecto á proposta inicial de función pública.
Modificaron levemente o temario de informáticos, pero o cambio máis destacable é o sistema de acceso no caso da inspección de turismo, que de acordo coa súa normativa, terá que ser concurso-oposición, tal e como reclamamos tódalas organizacións. Literalmente un minuto antes da votación, o director xeral de Función Pública anunciou que así sería (e é que non podía ser doutro xeito…) Non nos deron a posibilidade de analizar a nova proposta, polo que, ante esta situación, na votación decidimos absternos.
Para o resto dos procesos non haberá fase de concurso. No caso da promoción interna é unha opción inédita, francamente sorprendente. Pensamos que é unha nova patada ao dereito á promoción dos funcionarios de carreira. Votamos en contra de tódalas bases que nos presentaron.
O detalle das votacións foi o seguinte:
Escala superior de orientación laboral e escala de orientación laboral:
CSIF: En contra
CIG: En contra
CCOO: En contra
UGT: En contra
Escala de inspección turística:
CSIF: Abstención
CIG: En contra
CCOO: Abstención
UGT: En contra
Escala técnica de condución:
CSIF: En contra
CIG: En contra
CCOO: En contra
UGT: En contra
Escala de sistemas e tecnoloxías da información:
CSIF: En contra
CIG: En contra
CCOO: En contra
UGT: Abstención
Escala de letrados:
CSIF: En contra
CIG: En contra
CCOO: En contra
UGT: Abstención
Escala superior de estatísticos:
CSIF: En contra
CIG: En contra
CCOO: En contra
UGT: Abstención