CSIF organiza cursos coa EGAP de Plans de Autoprotección por risco de incendios forestais

A CSIF ven de firmar un convenio de colaboración coa EGAP para a convocatoria de 8 cursos de 16 horas de formación presencial, e 215 prazas, para o persoal do SPIF. Os cursos desenvolveranse como se indica no seguinte cadro.

Edición 1

Edición 2

Coruña

2, 3, 4 outubro

9, 10, 11 outubro

Santiago

25, 26, 27 setembro

Lugo

25, 26, 27 setembro

25,26,27 outubro

Ourense

2, 3, 4 outubro

Pontevedra

18, 19,20 outubro

25, 26, 27 outubro

Quendas

Mañá 09:00 – 14:20

Tarde 16:00 – 21:20

Esta convocatoria está dirixida ao persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que estivera prestando servizos en actividades de defensa, prevención e extinción de incendios forestais en 2022 e 2023.

Os cursos foron publicados no DOG de hoxe 31/08/2023, e as solicitudes de matrícula poderán presentarse a partir do día 01/09/2023 a través do portal web da EGAP:

https://egap.xunta.gal/matricula