Convocatoria Mesa Sectorial Funcionarios e Comisión Persoal: Concursos de traslados escalas SPIF e Axentes Medioambientais

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza  extraordinaria de Mesa Sectorial de Funcionarios e posterior Comisión de Persoal o próximo día 30 sobre as propostas de concursos  de traslados das  Escalas de Axentes Ambientais e de persoal de SPIF.

ORDE DO DÍA

  1. Convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes técnicos medioambientais.

 Documentación

 2. Convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

        Documentación