No día de onte 24 de xuño, tivemos unha segunda reunión coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para continuar coa negociación da proposta da modificación da RPT, con avances na negociación en niveis e complementos nas Oficinas de Emprego e melloras retributivas.
Primeiramente o secretario xeral técnico da Consellería dinos que con respecto a proposta de suba de niveis dos orientadores e dos xestores de Emprego non vai ser posible elevalos ata o nivel 20 pero se modificará a un “nivel 18 con un específico diferencial equivalente ao nivel 20”.
Con respecto ás alegacións enviadas polas Organizacións Sindicais, amosouse receptivo para acadar un Acordo de mellora retributiva nos complementos específicos que se realizaría nun prazo de 3 a 4 anos, xa que habería que estudar como quedarían as prazas despois dos distintos procesos en marcha (Concurso de traslados, tomas de posesión de estabilización, xubilacións, vacantes, creacións…).
En canto aos postos de coordinadores das Oficinas de Emprego, entenden que deben de permanecer en servizos centrais da Consellería, rexeitando a alegación feita na reunión anterior.
En referencia aoss postos creados a raíz do COE, haberá unha homoxeneización dos niveis dos técnicos/as de emprendemento e os de orientación e prospeción laboral ó “nivel 18 cun específico diferencial equivalente ao nivel 20”. Da mesma maneira, o posto de coordinador de orientación abrirase aos corpos xerais.
Polo que se refire á forma de provisión das/os directores das oficinas de Emprego, mentres que na anterior reunión aceptaba que foran cubertos por concurso, nesta reunión indícanos que o sistema elixido será o concurso específico, debido á problemática que pode entrañar a apertura a corpos xerais e a escala técnica de orientación laboral.
Finalmente, de cara a próxima reunión e con obxecto de realizar novas alegacións váisenos proporcionar a seguinte documentación:
- Listado das amortizacións indicando a situación das persoas que están ocupando vacantes.
- Funcións dos xestores de emprego.
- Acordo para a mellora retributiva dos complementos específicos dos postos das oficinas de Emprego.
Seguimos negociando.
