Elección de destino das escalas socio sanitarias

Segunda se informa na web de Función Pública que: “Por razóns  técnicas,  o acto de elección de destino das escalas socio sanitarias iniciarase o luns día 13 de xullo de 2026.  

As persoas afectadas disporán  de 3 días hábiles para facer a  súa elección. (Data de inicio 13 de xullo, data de fin 15 de xullo, ambos incluídos)

Entre hoxe  e mañá  enviarase o código de acceso  a todas as persoas aspirantes que van  participar neste acto de elección.

O luns día 13 publicarase  no DOG  unha modificación da resolución do 3 de xullo de 2026 pola que se convoca ao acto de elección de destino as persoas que superaron os procesos selectivos das escalas socio sanitarias.”

SUBGRUPO A1: MEDICINA, PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA.

SUBGRUPO A2: ENFERMARÍA, FISIOTERAPIA, TRABALLO SOCIAL, TERAPIA OCUPACIONAL, EDUCADOR SOCIAL.

SUBGRUPO C1: ESCALA TÉCNICA DE GOBERNANTE/A.

SUBGRUPO C2: AUXILIAR DE CLÍNICA.