Mesa Sectorial 16 de Xullo: Convocatoria de procesos selectivos para enxeñaría, veterinaria, arquivos e sistemas de información

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da mesa sectorial  de funcionarios para abordar as propostas de convocatoria de varios procesos selectivos dos subgrupos A1 e A2, correspondentes ás escalas de enxeñaría agronómica, sistemas e tecnoloxía da información, enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica de obras públicas, veterinaria e arquivos. 

Orde do día e documentación

  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica. ⇒ Convocatoria A1 Agronomica 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información. ⇒  Convocatoria A1 STI 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola. ⇒ Convocatoria A2 ET AGricola 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas. ⇒  Convocatoria A2 obras publicas 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios. ⇒ Convocatoria A1 Veterinaria 
  • Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos. ⇒Convocatoria A2 Arquivos