Vimos de ser convocados a unha xuntanza da Comisión de Persoal ordinaria o vindeiro venres 31 de xullo para tratar a modificación das RPT das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Sanidade, así como a aprobación da convocatoria do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso por acceso libre e promoción interna no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria.
Orde do día e documentación
- Proposta de resolución pola que se modifica a RPT da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional >> Doc Mod RPT Educac.CUFP
- Proposta de resolución pola que se modifica a RPT da Consellería de Sanidade >> Doc MOD RPT C-Sanidade+Sergas
- Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria >> Convocatoria A1 Veterinaria 2026
