CSIF publica unha guía integral sobre a enfermidade profesional

CSIF vén de publicar unha Guía Integral sobre a Enfermidade Profesional (EP), co obxectivo de ofrecer información clara, rigorosa e práctica sobre como identificar unha patoloxía de orixe laboral, como actuar ante a súa detección e cales son os dereitos que asisten á persoa traballadora.

A guía parte da idea de que a saúde laboral está directamente condicionada polas condicións de traballo. Distinguir entre unha enfermidade común e unha enfermidade profesional é determinante, xa que desta cualificación dependen tanto a protección sanitaria como as prestacións económicas e as posibles responsabilidades empresariais.

O documento explica de forma accesible o marco legal vixente e a definición técnica de enfermidade profesional, baseada no cumprimento da denominada tríade obrigatoria: a existencia dun axente de risco, a exposición laboral e un diagnóstico médico vinculado. Cando se cumpren estes requisitos, actívase unha presunción legal que protexe á persoa traballadora e facilita o recoñecemento da continxencia profesional.

Así mesmo, a guía detalla a clasificación oficial dos riscos e axentes patóxenos, agrupados en seis grandes bloques (axentes químicos, físicos, biolóxicos, inhalación de substancias, enfermidades da pel e axentes carcinóxenos), e subliña a importancia dunha correcta identificación do risco para evitar que as mutuas deriven indebidamente estas patoloxías a continxencias comúns.

Outro dos eixes centrais do documento é o protocolo de actuación ante a sospeita dunha enfermidade profesional, que inclúe desde a asistencia inicial na mutua ata a solicitude de determinación de continxencia ante o INSS, pasando pola recompilación de probas médicas e técnicas.

A guía tamén recolle de forma detallada os dereitos e coberturas que se derivan do recoñecemento dunha enfermidade profesional: asistencia sanitaria e rehabilitación sen custo, prestacións económicas máis favorables, posibles indemnizacións e o recargo de prestacións cando exista incumprimento das medidas de seguridade por parte da empresa.

Especial relevancia ten o apartado dedicado á enfermidade profesional tras a xubilación, desmontando o mito de que a retirada da vida laboral extingue o dereito a reclamar. Moitas patoloxías laborais aparecen anos despois, e o seu recoñecemento segue sendo posible se se acredita o nexo causal coa actividade desenvolvida.

Por último, CSIF lembra a responsabilidade legal das empresas en materia de prevención e reafirma o seu compromiso sindical na defensa da saúde laboral, esixindo a actualización do cadro de enfermidades profesionais, unha vixilancia da saúde real e efectiva, e unha coordinación adecuada entre mutuas, servizos públicos de saúde e empresas.

Desde CSIF anímase a todas as persoas traballadoras a coñecer os seus dereitos, detectar a orixe laboral das súas patoloxías e non aceptar sen máis unha cualificación de enfermidade común cando existan indicios claros de orixe profesional, recorrendo sempre ao asesoramento das delegadas e delegados sindicais.

Descarga o folleto

CSIF exige medidas urgentes de seguridad en el IES Fernando Blanco de Cee: “no se puede dar clase entre goteras, cortes de luz y riesgos eléctricos”

CSIF ha registrado un escrito de solicitud de medidas preventivas inmediatas ante la situación denunciada por la mayor parte del claustro del IES Fernando Blanco de Cee, que habla de un peligro real para alumnado y personal en un centro que, además, celebra en 2026 su 140 aniversario.

Seguir leyendo «CSIF exige medidas urgentes de seguridad en el IES Fernando Blanco de Cee: “no se puede dar clase entre goteras, cortes de luz y riesgos eléctricos”»

CSIF presenta sus alegaciones para actualizar la Ley de Prevención de Riesgos Laborales

CSIF ha trasladado al Ministerio de Trabajo y Economía Social un amplio y ambicioso paquete de propuestas en el marco de la consulta pública para la actualización de la Ley 31/1995 de Prevención de Riesgos Laborales (LPRL) y del Reglamento de los Servicios de Prevención, con el objetivo de convertir la prevención en una herramienta real y eficaz, adaptada a la actual realidad del trabajo en España.

Seguir leyendo «CSIF presenta sus alegaciones para actualizar la Ley de Prevención de Riesgos Laborales»

A Inspección de Traballo obriga á Xunta a avaliar os riscos psicosociais no CRAPD Vigo I

A Inspección de Traballo obrigou á Xunta de Galicia a realizar unha avaliación dos riscos psicosociais no CRAPD de Vigo I, como consecuencia da denuncia presentada polo comité de empresa ante a situación insostible que vive o persoal desde a incorporación de pacientes psiquiátricos e con problemas de adiccións nas residencias de maiores.

Seguir leyendo «A Inspección de Traballo obriga á Xunta a avaliar os riscos psicosociais no CRAPD Vigo I»

CSIF detecta carencias de dotación y reclama evaluación real del puesto, EPI y medios de trabajo adecuados para todo el personal de campo de la Xunta de Galicia

CSIF denuncia que persisten carencias en la dotación de EPI para quienes realizan trabajo en exterior en la Xunta de Galicia. Ninguna persona trabajadora debería realizar trabajo de campo sin una evaluación de riesgos ajustada a la realidad del puesto y sin los EPI y medios necesarios y adecuados. La Xunta de Galicia está, en la práctica, a años luz de los estándares preventivos que se aplican en las empresas privadas y también por detrás de otras administraciones públicas.

Seguir leyendo «CSIF detecta carencias de dotación y reclama evaluación real del puesto, EPI y medios de trabajo adecuados para todo el personal de campo de la Xunta de Galicia»

CSIF solicita la renovación urgente de vehículos oficiales de la Xunta de Galicia para el personal de campo (seguridad, no lujo)

CSIF viene solicitando en varios Comités de Seguridad y Salud la sustitución urgente de los vehículos oficiales utilizados por el personal de campo que tengan una antigüedad superior a 10–12 años, así como la dotación de vehículos adecuados a las condiciones reales de los desplazamientos que se realizan a diario.

Seguir leyendo «CSIF solicita la renovación urgente de vehículos oficiales de la Xunta de Galicia para el personal de campo (seguridad, no lujo)»