CSIF, UGT e CCOO saen á rúa o 30 de outubro en toda Galicia para reclamar a suba salarial do persoal público

As organizacións sindicais CSIF, UGT e CCOO anuncian hoxe en rolda de prensa as mobilizacións do vindeiro xoves 30 de outubro en todas as provincias galegas baixo o lema “Negociación, subida salarial e mellora dos servizos públicos”, para reclamar a apertura inmediata da negociación dun novo acordo salarial que permita recuperar o poder adquisitivo do conxunto das empregadas e empregados públicos, mellorar as súas condicións laborais e fortalecer os servizos públicos.

“Os empregados públicos non poden seguir sendo reféns”

O presidente de CSIF Galicia, José Francisco Méndez Castro, criticou que “o Goberno estea utilizando ao persoal público como elemento de chantaxe na negociación orzamentaria” e lembrou que “non pode ser que sexamos o único colectivo deste país sen negociación salarial”.

“É unha situación insólita —explicou— que, tras un ano de conxelación salarial, a Administración nin sequera convocase unha mesa de negociación”, e advertiu que esta situación “ten que rematar, sexa polas boas ou non, porque unha cousa é que esteas negociando e non chegues a un acordo, pero isto é distinto: a estas alturas do ano nin sequera chamaron para negociar”.

Méndez Castro concluíu a súa intervención esixindo unha negociación colectiva, como no resto dos traballadores. “E non estamos a falar só dos empregados públicos, senón tamén de todas as empresas públicas, dos medios de comunicación públicos, de moitísimos máis; non son só os tres millóns e medio de empregados públicos, estamos a falar de todo o que depende desa dinámica.”

Folga xeral

CSIF, UGT e CCOO denuncian que o Goberno adebeda 1.860 millóns de euros en atrasos salariais acumulados nos últimos dez meses, un agravio económico que reflicte a débeda histórica co persoal público.

As tres organizacións, que representan máis do 80% do persoal das administracións públicas, anuncian que este calendario de mobilizacións podería continuar cunha gran manifestación nacional e unha folga xeral en decembro, se o Goberno continúa bloqueando a negociación.

Motivos das mobilizacións

Entre as principais demandas destacan:

  • Acordo salarial plurianual para recuperar o poder adquisitivo perdido desde 2010.

  • Cláusula de revisión salarial automática, vinculada á inflación e a outros incrementos pactados.

  • Plan de reforzo de cadros de persoal para poñer fin á escaseza de persoal e reducir a temporalidade abusiva.

  • Mellora das condicións laborais, incluíndo xubilación, equiparación salarial e modernización do marco laboral do sector público.

Concentracións simultáneas en toda Galicia

A convocatoria do 30 de outubro consistirá en concentracións simultáneas fronte á Delegación do Goberno na Coruña e as Subdelegacións do Goberno en Lugo, Ourense e Pontevedra, coincidindo con outras accións en todo o territorio nacional.

CSIF, UGT e CCOO fan un chamamento a todo o persoal público para participar masivamente nesta primeira fase de mobilización, lembrando que “o tempo para o diálogo esgotouse”.

“É o momento de actuar. Ou o Executivo se senta a negociar de boa fe, ou enfrontarase a un conflito de grande envergadura”.

ACTUALIZACIÓN_Borrador para alegacións e buzón de postos da convocatoria de educación infantil e auxiliares de coidadores

Poñemos ao voso dispor o borrador de convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de: corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidade de educador/a infantil;  corpo de técnicos/as facultativos/as, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade educación infantil e corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguir leyendo «ACTUALIZACIÓN_Borrador para alegacións e buzón de postos da convocatoria de educación infantil e auxiliares de coidadores»

A Promoción Interna: Novo ataque de Facenda aos funcionarios de carreira, convertendo os procesos nunha oposición libre encuberta

CSIF pide a Facenda que reconsidere a súa postura de permanente ataque e desprezo dos funcionarios de carreira da Xunta. A promoción interna debe ser un desenvolvemento profesional e non oposicións libre encubertas.

Seguir leyendo «A Promoción Interna: Novo ataque de Facenda aos funcionarios de carreira, convertendo os procesos nunha oposición libre encuberta»

Próxima publicación no DOG das axudas aprobadas do Fondo de Acción Social 2024

A Dirección Xeral de Emprego Público vén de informar da próxima publicación no DOG do vindeiro luns 27 de outubro das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2024, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Seguir leyendo «Próxima publicación no DOG das axudas aprobadas do Fondo de Acción Social 2024»

CSIF exige una batería de medidas urgentes en el Comité de Seguridad y Salud Laboral de la Consellería del Mar

En la última reunión del Comité de Seguridad y Salud de la consellería de Mar, que se celebró el 16 de octubre, la Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) denunció, una vez más, deficiencias en materia de seguridad y salud.

Seguir leyendo «CSIF exige una batería de medidas urgentes en el Comité de Seguridad y Salud Laboral de la Consellería del Mar»