As organizacións sindicais vimos de recibir o borrador do Fondo de Acción Social 2022 para o seu estudo. O prazo de alegacións estará aberto ata o día 23 ás 12.00 h.
Proposta de modificación da RPT da Consellería de Facenda
A Consellería de Facenda e Administración Pública vén de convocarnos a unha reunión o próximo xoves día 23, a partir das 09:30 h, para tratar sobre a modificación da RPT da dita consellería.
Seguir leyendo «Proposta de modificación da RPT da Consellería de Facenda»
Convocatoria17F_Mesa Xeral de Empregados Públicos Extraordinaria
Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza extraordinaria da Mesa Xeral de Empregados Públicos para mañá venres 17 ás 12.00 sobre as RPTs da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Economía, Industria e Innovación, así como da Consellería de Sanidade. A orde do día inclúe tamén o Proxecto de Orde polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio Colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Seguir leyendo «Convocatoria17F_Mesa Xeral de Empregados Públicos Extraordinaria»
Modificación da RPT de Presidencia e ATURGA
A Consellería de Presidencia remítenos a documentación relativa ás modificacións na súa RPT -logo da reunión mantida onte- que xa inclúe as alegacións realizadas polas organizacións sindicais á proposta presentada pola Consellería e modificacións da RPT da Axencia Galega de Turismo (documentación esta última recibida con data de 17 de febreiro)
Seguir leyendo «Modificación da RPT de Presidencia e ATURGA»
Proposta de modificación de RPT de AGADIC
A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) vén de convocarnos a unha próxima xuntanza o próximo día 24 para presentar a proposta de modificación de RPT da dita Axencia.
Proposta de modificación da RPT da Consellería de Cultura e Educación
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade vén de convocarnos a unha xuntanza o próximo día 24 para estudar a proposta de modificación da súa RPT.
Seguir leyendo «Proposta de modificación da RPT da Consellería de Cultura e Educación»
