CSI-F pide a Feijóo que siga os pasos de Rajoy e devolva todo o debido aos empregados públicos

DEFENDENDO O PÚBLICOFronte á Administración Xeral do Estado, en Galicia aínda estaría pendente de abonar parte das pagas extras do 2013 a 2016.

Co anuncio do Ministerio de Hacienda esta mañá a CSI-F de que este mesmo mes os empregados públicos dependentes da Administración Xeral do Estado cobrarán o 50% da paga extraordinaria de 2012 aínda pendente de pagar, o Goberno central devolve a totalidade do debido aos seus traballadores.

Fronte a esta situación, en Galicia séguese xerando unha situación de agravio comparativo fronte aos empregados públicos do Estado xa que a Xunta, unha vez que abone o 50% pendente da paga de 2012 en dous prazos (abril e setembro), seguirá debendo parte das pagas extras do 2013, 2014, 2015 e 2016. Esta parte pendente correspondente ao complemento autonómico supón o 40% do total de cada paga extraordinaria.

Por iso, CSI-F reclama á Xunta de Galicia que poña fin a esta situación e deixe de minusvalorar aos traballadores da administración galega, os primeiros en sufrir os recortes xa que, como o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu, e mesmo presume diso, foi pioneira en aplicar as medidas de austeridade. A Central Sindical Independente e de Funcionarios lembra, ademais, que os empregados públicos perderon nos últimos anos case un 30% do seu poder adquisitivo.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016