Constitución da comisión de seguimento (04/05/206) sobre a aplicación das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas aprobadas por resolución do 24 de febreiro de 2016.
Temas abordados
1.-Aclaración do valor das “X” nos cuadrantes do persoal da consellería de Política Social. A secretaría xeral técnica da Consellería de Política Social e a dirección xeral de Función Pública entenden que as “X” deben considerarse como días hábiles a efectos de cómputo de vacacións e permisos. Pero desde CSI-F e demais organizacións sindicais insistimos en que o valor das “X” debe considerarse como días inhábiles e, ante a nosa insistencia, Función Pública comprométese a estudar dito requirimento e contestar na maior brevidade posible.
2.-Problemas pola interpretación do descanso dos días 24 e 31 de decembro para o persoal a quendas. A Administración di que se aplicará íntegramente o que din as instrucións de vacacións e permisos para todo o persoal, pero sen deixar claro como se fará. Ante a reiterada insistencia das organizacións sindicais solicitando que o persoal que traballe a quendas desfrute de dous días máis de asuntos persoais, traballe ou non ditas xornadas, o director xeral comprométese a valoralo.
3.-Desfrute independente de 6 días hábiles que poderán acumularse aos asuntos particulares. Os sindicatos insistimos en que non se teñan que solicitar antes do 31 de marzo e que se permita pedilos con posterioridade a dita data e con antelación suficiente para a súa cobertura. A Administración responde que non cambiará o redactado nas instrucións xa que non é posible por razóns organizativas e que é suficiente o prazo do 31 de marzo para dita solicitude. Os sindicatos pedimos coñecer o cuadrante de xaneiro do 2017 xa que as instrucións recoñecen o desfrute das vacacións ata ese mes. A Administración responde que se estudará dita proposta.
4.-Permiso por falecemento. Solicitamos que no caso de falecemento de familiares no estranxeiro o nun lugar afastado do domicilio do traballador, o permiso poida collerse de forma descontinua ou que se contabilice co tempo suficiente para que o familiar falecido do traballador chegue do estranxeiro. A Administración ve a proposta factible e comprométese a estudala.
Ademais, pedimos novamente a unificación de criterios da interpretación das instrucións e evitar así agravios comparativos entre os traballadores/as das distintas consellerías.
- Reunión da Comisión: 04/05/2016, ás 11.45 h. na sede da Xunta en San Caetano.
- Asistentes: Pola Administración: Director Xeral da Función Pública, Subdirector Xeral da Función Pública e representantes da Consellería de Política Social, Medio Rural e Consellería de Cultura, Educación e O.U. Polas organizacións sindicais: CSI-F, CC.OO, CIG e UGT.