Novas sobre os concursos de traslados e os procesos selectivos de acceso libre dos corpos xerais

CSIF INFORMATras a reunión mantida co director de Función Pública, e a falta de novas máis concretas respecto dos procesos selectivos e os concursos de traslados, informámosvos dos datos facilitados:

CONCURSOS DE TRASLADOS

  • Concurso de traslados de Corpos Xerais: polo anunciado polo director de Función Pública, parece ser que se resolverá en setembro dado que o persoal xa ten asignadas as vacacións e tendo en conta o trastorno que xeraría na organización dos servizos.
  • Concurso de traslados do CIXTEC: Afirma o director que o proceso se resolverá pronto a pesar de estar pendiente desde hai moito tempo.
  • Concurso de traslados do persoal laboral: Di Función Pública que a prioridade agora é o concurso de corpos xerais, pero que na mesa xeral desta semana tentará concretar algo máis.

PROCESOS SELECTIVOS ACCESO LIBRE CORPOS XERAIS:

Ao longo desta semana sairán publicados os tribunais e tamén faranse públicas as datas concretas da súa realización, aínda que segundo o director de Función Pública, os exames serán no mes de xullo