Alegacións da CSI-F á proposta sobre as categorías profesionais do persoal laboral dos grupos IV e V

CSIF informaALEGACIÓNS Á PROPOSTA DE SUPRESIÓN/REFUNDICIÓN/ORDENACIÓN DAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS DO PERSOAL LABORAL DOS GRUPOS IV E V.

Vista a proposta remitida pola D.X. da Función Publica respecto a supresión, refundición e ordenación das categorías profesionais do persoal laboral do V Convenio correspondentes aos grupos IV e V, dende CSI•F achegamos as seguintes alegacións:

1.- O documento presentado adoece das mesmas carencias que o que nos presentaron para os grupos I e II, polo que, en termos xerais, reiteramos as alegacións presentadas (25-02-2015) e facémolas extensivas aos grupos IV e V.

Debemos de valorar a necesidade de reorganizar as categorías do persoal laboral pero de forma que non afecte ao dereito a mobilidade do persoal laboral fixo e que nesta reorganización debe de existir, cando menos, unhas razóns técnicas ou organizativas que xustifiquen a supresión ou extinción.

a) No tocante a supresión de categorías,CSI•F está en contra da supresión de categorías nas que existan traballadores que están ocupando praza de forma interina xa que con leva ao despido do persoal que a está ocupando, como pode ser no caso das categorías do Grupo IV: 13 Aux. esp. en farmacia (1 vacante) e 21 Of. 2ª carpinteiro (3 vacantes).

b) Con respecto as categorías a extinguir CSI•F solicita saber en que situación quedarían os 19 traballadores que están ocupando unha praza vacante como son os do grupo IV: 20 Conserxe (2 vacantes), 23 Mestre gaiteiro (2 vacantes), 39 Auxiliar de autopsia (8 vacantes) e 41 Of. defensa contar incendios forestais (7 vacantes).

Con respecto ao persoal fixo que quedaría para extinguir contamos con 61 prazas non vacantes, dende CSIF queremos saber en que situación queda este persoal xa que pode mermar no menoscabo das súas funcións e tamén solitamos que que se nos aclare en que situación quedaría o persoal que ocupa a categoría IV-17 Almaceneiro e con respecto a cat. 34 Ax. de restauración, nesta proposta non aparece ningún traballador que esté ocupando praza vacante en contradición a proposta remitida do 1 de outubro de 2014.

c) Tamén temos que considerar que existen categorías pendentes de reclasificar, como é o caso a este cata Cat. 9 Vixiante de recursos naturais e se teñan en conta neste proceso negociador previa a funcionarización.

2.- Por outra banda, esta proposta incorpora un elemento novo que, pola súa importancia no desenvolvemento da presente negociación, debe ser estudiado e negociado de forma previa a calquera pacto de supresión/refundición/ordenación, como é o proceso de funcionarización.

a) En numerosas ocasións dende CSIF solicitouse ao comezo da negociación do tantas veces anunciado proceso de funcionarización. E neste ámbito, levamos anos reclamando a negociación do catálogo de categorías que entrarían en devandito proceso.

b) Neste documento soamente nos presentan unha cuantas categorías do grupo IV (01 (22, 28, 30) e 03) e do grupo V (03 e 10E) excluíndo o resto sin motivo.

3.- Por todo elo, dende CSIF consideramos que TODAS e cada unha das categorías do persoal laboral da Xunta de Galicia deben estar dentro do ámbito de aplicación do futuro proceso VOLUNTARIO de funcionarización e que dito proceso debe de ser negociado, debido a súa influencia posterior, de forma previa ao proceso de supresión/refundición/ordenación de categorías.