Proposta de modelos para o recoñecemento do servizo militar ou PSS a efectos de trienios

prismáticosTras o acordo aprobado na Comisión de Persoal que se celebrou o 20 de xullo de 2016 respecto do recoñecemento dos servizos prestados durante o servizo militar ou equivalente a efectos de trienios para o persoal laboral da Xunta de Galicia, dende a CSI•F desexamos trasladarvos unha  proposta de modelos de solicitude coa única finalidade de que vos poida servir de guía e/ou axudar á hora de axilizar os diversos trámites para a súa solicitude (LER DETIDAMENTE):

1.- Modelo de solicitude: Remitímosvos no arquivo anexo unha proposta de modelo en Word para solicitar ante a Dirección Xeral de Función Pública o recoñecemento de ditos servizos prestados:

2.- Formulario para a solicitude da certificación da prestación social sustitutoria (para aqueles traballadores/as que non dispoñan desta certificación):

A expedición de certificados sobre o tempo de realización da prestación social sustitutoria realízase mediante un escrito dirixido á “División de Tramitación de Derechos de Gracia y otros Derechos- Objeción de conciencia”, facendo constar neste o nome, apelidos, DNI, domicilio a efectos de notificacións incluído o código postal, lugar, data e sinatura do solicitante. Esta instancia pode enviarse por correo postal ou entregala no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, en calquera das xerencias territoriais do Ministerio de Xustiza ou en calquera rexistro da Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas ou corporacións locais que teñan subscrito o convenio de portela única.

3.- Formulario para a solicitude da acreditación do servizo militar-EXERCITO DE TERRA (para aqueles traballadores/as que non dispoñan desta certificación):

Para solicitar un certificado de Servicios Prestados do servizo militar obrigatorio no EXERCITO DE TERRA, o persoal  poderá facelo de forma presencial na súa subdelegación de defensa que teña cerca ao seu domicilio <<achegamos mais abaixo o listado dos enderezos>>  en días laborais de 09.00 h a 14.00 h, ou poderá remitir por correo postal ou mediante rexistro unha instancia acompañada da copia compulsada da seguinte documentación; cartilla militar e DNI.

ADVERTENCIA: Cando se faga a solicitude dos Servizos prestados do Servizo militar obrigatorio (tanto de forma presencial como a través do Rexistro), non debedes facer alusión a que desexades este certificado a efectos de trienios. O motivo é que o Ministerio de Defensa ten un convenio coa Administración Xeral do Estado respecto do recoñecemento de trienios e pode xerar confusión no persoal que tramita dito informe e así solicitarvos documentación complementaria –por exemplo acreditar condición persoal laboral- e instarvos a que fagades outros trámites a maiores que non son precisos para o certificado á Xunta. É dicir, aquí o único que temos que solicitar é un simple certificado dos Servizos prestados durante o Servizo militar obrigatorio.

Outras notas moi importantes:

  1. a ) No caso de que non se dispoña da cartilla militar, e sempre e cando os servizos prestados fosen con anterioridade ao ano 1990, deberá acompañarse xunto coa solicitude de Servizos prestados do Servizo militar, unha instancia complementaria ao “Archivo General Militar de Guadalajara” para solicitar a referida “documentación militar”. Neste caso debe de facilitarse obrigatoriamente os seguintes datos: Exército, provincia e data de alistamento, unidade onde prestou o servizo militar, data do licenciamento, lugar de residencia unha vez licenciado, nome do pai e nome da nai. Acompáñanse:
  1. b) No caso de que a prestación do Servizo militar se realizase no EXERCITO DO AIRE OU NA ARMADA, ou naqueles casos que non estean comprendidos no apartado “a” anterior, e debido á necesidade de máis trámites engadidos, aconsellamos acudir ou poñerse en contacto na subdelegación de defensa correspondente para proceder á referida solicitude:

SUBDELEGACION DE DEFENSA NA CORUÑA                       

  • Dirección:  CALLE SANTO DOMINGO 18, 15001 A Coruña (A Coruña)
  • Teléfono:981 21 76 23

SUBDELEGACION DE DEFENSA EN LUGO

  • Dirección: RONDA DA MURALLA 142, 27004 Lugo (Lugo)
  • Teléfono:982 264 445

SUBDELEGACION DE DEFENSA EN OURENSE

  • Dirección: CALLE PASEO 35, 32003 Ourense (Ourense)
  • Teléfono: 988 212 200

SUBDELEGACION DE DEFENSA EN PONTEVEDRA

  • Dirección:  PASEO DE CERVANTES S/N, 36001 Pontevedra (Pontevedra)
  • Teléfono:986 85 18 73