COMISIÓN DE PERSOAL (EXTRAORDINARIA), 9/08/ 2016
1.- Proxecto de Orde pola que se regula o procedemento de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da Escala de saúde pública e de administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
A Consellería de Sanidade presenta este proxecto de Orde co fin de actualizar e dar entrada a novos candidatos para as listas de cobertura temporal do persoal funcionario da escala de saúde pública.
Como sempre, a saúde pública e os funcionarios da Lei 17/1989 son os últimos para a dita Consellería xa que as puntuacións desta lista levan case 16 anos sen actualizar.
Independentemente das consideracións de que a cobertura temporal destes postos deba realizarse por medio desta Orde ou do Decreto 37/2006, que tamén necesita unha profunda revisión, a realidade é que neste momento non é posible cubrir postos deste tipo de persoal debido ao desinterese por este ámbito concreto da saúde pública.
Recordámoslle á Consellería que a Sanidade é un conxunto de elementos coa mesma importancia, que inclúen os hospitais, os médicos e as enfermeiras, e tamén ao persoal encargado do control da saúde pública e da saúde ambiental.
Polo dito, a CSI•F votará en contra de calquera proposta da Consellería de Sanidade mentres non se resolva a equiparación do persoal FISP.
CIG | En contra |
CC.OO. | Abstención |
CSI•F | En contra |
UXT | En contra |
2.- Proxecto de decreto de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.
No texto que se presenta para a súa aprobación en Comisión de Persoal, realizáronse unha serie de cambios entre os que destacamos a modificación das tarefas de limpeza atribuídas en exclusiva aos “vixilantes-mariñeiros/as”, que no novo artigo 34 establécese entre as súas funcións a de manter “(…) a boa orde e limpeza da embarcación, conxuntamente co resto da tripulación”.
Realizáronse así mesmo outras modificacións na liña do reclamando polas organizacións sindicais, polo que o noso voto é a favor.
CIG | A favor |
CC.OO. | A favor |
CSI•F | A favor |
UXT | Abstención |
3.-Decreto polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Retirouse este punto da orde do día. Dende a CSI•F entendemos que non houbo negociación nin discusión ao respecto deste decreto. O director xeral de Función Pública, anunciou a retirada de este punto da orde do día, precisamente para ter ocasión de discutilo máis en profundidade e dar resposta ás alegacións das organizacións sindicais.
4.- Proposta de Acordo da Dirección Xeral da Función Pública e as organizacións sindicais sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade.
Finalmente non houbo acordo entre as organizacións sindicais e a administración respecto aos bombeiros forestais. Dende a CSI•F entendemos que este acordo trata de recoñecer unha profesión que é a de “Bombeiro forestal” coas súas variantes, e polo tanto, a inclusión do termino “peón” que pode dificultar ou mesmo impedir o recoñecemento dos beneficios que o dito recoñecemento supón por parte da Seguridade Social. Non entendemos a teima da administración de non retirar o dito termino, xa que a definición das funcións de cada unha das categorías afectadas está tamén incluída no acordo e non se produce ningunha modificación sobre as que se están realizando neste momento.
A pesar de que fixemos un esforzo por valorar positivamente un acordo que tampouco nos gustaba na súa totalidade, a administración non nos deixo máis opción que votar en contra do acordo.
CIG | En contra |
CC.OO. | En contra |
CSI•F | En contra |
UXT | En contra. |
Por parte da administración retírase o texto proposto para este acordo, coa “advertencia” de que non volverá a ser obxecto de discusión nesta lexislatura ao menos que o solicite a parte social.
5.- Proposta de Acordo da Dirección Xeral da Función Pública e as Organizacións Sindicais sobre o cronograma da efectividade da nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.
Dende a CSI•F apoiamos este acordo que posibilitará dar efectividade a nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental, pero queremos reclacar que estaremos atentos a que non se amorticen as prazas do subgrupo c1 que quedan coa referencia “a extinguir” e que quedarán vacantes cando se complete a integración na nova escala.
CIG | A favor |
CC.OO. | A favor |
CSI•F | A favor |
UXT | A favor |
No relativo a outras informacións, recibimos novidades ao respecto dos seguintes temas:
1.- Función Pública comprometeuse a remitirnos entre hoxe e mañá o texto do acordo para a integración do persoal do Consorcio no V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia. O dito texto inclúe unha proposta de modificación do Decreto 129/2012, que regula as integracións de persoal das entidades como persoal laboral da Xunta de Galicia, para que o persoal laboral temporal do Consorcio poda integrarse tamén, neste caso como persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.
Dende a CSI•F reclamamos que a dita modificación se aplique ao persoal laboral temporal das entidades que xa completaron o seu proceso de integración, como é o caso do Instituto de Estudios do Territorio, e que se teña en consideración para o proceso en marcha de GAIN, e para a orde de XESTUR, en negociación neste momento.
Dende logo, esperaremos a ver o texto que se nos presenta, pero entendemos que debe aplicarse a todo o persoal temporal afectado por procesos de integración.
2.- RPT de Sanidade e do SERGAS:
Este tema é adiado a setembro, e a Administración informa de que establece a data do 7 de setembro como data tope para acadar un acordo ao respecto. Está previsto que este tema sexa discutido en mesa xeral que se convocará para o día 5 de setembro e que se aprobe definitivamente en comisión de persoal prevista para o 8 do mesmo mes.
Dende CSI•F fixemos un requirimento formal, para que conste en acta, de que se envíe xunto coa modificación da RPT de Sanidade a acta número 13/2015, correspondente a mesa xeral de 1 de decembro do 2015 que segue sen aprobarse. Requirimos que conste na mesma as palabras do director xeral da Función Pública nas que recoñecía que o persoal inspector farmacéutico de saúde pública non ten a obriga de conducir vehículos oficiais, tal e como expresou na dita xuntanza.
3.- Concurso traslados de corpos xerais:
Recibimos información sobre a retirada de unha serie de prazas do concurso que foron ofertadas na primeira fase pero non na fase de resultas:
Conselleria | Código | Denominación |
Política Social | TR.C02.00.000.15770.526 | Auxiliar Administrativo |
Vicepresidencia e Presidencia, Administración Públicas e Xustiza
|
PR.C02.00.003.15770.040. | Posto base Subgrupo c2 |
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria | ED.C99.40.201.36440.002 | Auxiliar Administrativo |
ED.C99.40.201.36440.006 | Subaltaerno/a | |
ED.C99.40.301.15530.009 | Subalterno/a | |
ED.C99.40.301.27650.003 | Auxiliar Administrativo | |
ED.C99.40.302.32001.011 | Subalterno/a | |
ED.C99.40.310.36560.005 | Subalterno/a | |
ED.701.00.000.15770.006 | Auxiliar Administrativo | |
ED.701.00.002.15770.006 | Xefatura de Negociado II | |
ED.C99.40.205.15001.001 | Xefatura de secretaría de centro educatico | |
ED.C99.40.301.15530.001 | Xefatura de secretaria de centro educativo. | |
Mar | MR.C99.40.102.36004.020 | Secretario/a de Confradía tipo B. |