Na comisión de persoal do día 13 de setembro na que se aprobou a proposta de modificación da RPT da Consellería de Sanidade e do SERGAS, non houbo ningunha novidade respecto do presentado por parte da Administración na Mesa Xeral do día 5 de setembro.
Por unha parte solicitamos a retirada das amortizacións propostas, especialmente as que se producirán no Laboratorio de Saúde Pública, xa que na propia memoria funcional se xustifica un incremento importante de carga de traballo para o laboratorio e en ningún caso acredita a eliminación de efectivos no mesmo.
Por outra parte, e en referencia ao discutido e acontecido na Mesa de Pluses celebrada o mesmo día 5 de setembro, a Administración propón a inclusión dos complementos B10 e B11 (penosidade e perigosidade), para terminar así coas diferencias existentes entre o persoal que desenvolvía a súas funcións no Laboratorio de Saúde Pública de Lugo e os que se incorporaron ao mesmo dende outros laboratorios. Dende a CSI•F apoiamos na dita xuntanza a incorporación destes pluses a un total de 14 postos de analista de laboratorio, así como o introducido (B11) en cumprimento dunha sentenza xudicial.
Precisamente porque apoiamos a igualdade de condicións para os postos que desenvolven as mesmas tarefas, rexeitamos de plano a discriminación que se constata nesta modificación de RPT do persoal farmacéutico inspector de Saúde Pública, que é o único corpo inspector da Consellería de Sanidade que permanece no nivel 20 e que, accederá ao 22 empeorando notablemente as súas condicións de traballo. Xa na Mesa Xeral do pasado 5 de setembro, dende a CSI•F esiximos a retirada da alusión á dispoñibilidade horaria e o incremento do complemento específico destes traballadores e traballadoras no equivalente aos complementos por penosidade e perigosidade (B10 e B11) que se incorporan ao persoal laboral do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, o que supón a inxente cantidade de 2436.98 euros ao ano.
Dende a CSI•F seguimos insistindo aos representantes da Consellería de Sanidade que a equiparación dos FISP é unha conta pendente que non esqueceremos.
Así mesmo, reiteramos o noso rexeitamento a todas as amortizacións e moi sinaladamente ás que se producirán no Laboratorio de Saúde Pública, xa que na propia memoria funcional se fala e xustifica un importante incremento da carga de traballo.
A CSI•F votará en contra de calquera proposta da Consellería de Sanidade mentres non se resolva a equiparación do persoal FISP.
CIG | En contra |
CC.OO. | En contra |
CSI•F | En contra |
UXT | En contra |