O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid declara nunha sentencia que a prestación por maternidade está exenta do IRPF.
Resumo da Sentencia
A STSX Madrid 810/2016, de 6 de xullo (Recurso 697/2014), declara a prestación por maternidade exenta do IRPF, en contra do criterio da Axencia de Tributaria que entende que esta prestación debe tributar como un rendemento do traballo.
Neste sentido o parágrafo terceiro do art. 7.h) da Lei do IRPF (introducido pola Lei 35/2006) establece “Igualmente estarán exentas las demás prestaciones públicas por nacimiento, parto o adopción múltiple, adopción, hijos a cargo y orfandad”. Sinalando a Sentencia, que en consecuencia, a prestación por maternidade abonada pola Seguridade Social está exenta de tributación, e procede a devolución das cantidades correspondentes por este concepto.
Prazo para reclamar
O prazo de prescrición é de 4 anos, é dicir, se se inician os trámites no 2016, pódense reclamar as liquidacións de 2012 en adiante.
Como reclamar
Para poder reclamar a devolución do tributado pola prestación de maternidade é necesario esgotar a vía administrativa, e posteriormente, presentar demanda ante o Tribunal competente.
Ademais de reclamarse as cantidades correspondentes ao permiso por maternidade, poderían reclamarse aquelas relativas ás prestacións do permiso por paternidade, xa que teñen a mesma consideración, así como aquelas outras incluídas no referido artigo.
As prestacións de maternidade futuras, se deben declarar na próxima declaración da renda?
A recomendación que facemos desde CSI-F é seguir o criterio da Axencia Tributaria e declaralo como renda do traballo, e posteriormente realizar a reclamación da devolución (dado que senón a Axencia Tributaria podería impoñer unha sanción por non declaralo). De todos os xeitos, nos próximos meses é posible que a Axencia se manifeste respecto desta cuestión xudicial.
Para calquera dúbida ou reclamación contacten coas nosa asesoría xurídica.