Resultado das reunións para tratar a uniformidade dos Axentes Medioambientais e Forestais

CSIF INFORMAResumo das reunións dos días 14 e 18 de novembro na Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, para tratar da orde que regulará a uniformidade de AFM e AF.

Por parte da administración estivo presente o Xefe do Servizo de Coordinación, Alberte Piñeiro Tubio, que, na primeira reunión, estableceu como premisa que as propostas de orde tiñan que adaptarse á estrutura da orde en vigor para os Gardacostas de Galicia, emplazándonos para a seguinte reunión.

Na segunda reunión CSIF presentou a súa proposta adaptada á de Gardacostas e os restantes sindicatos a súa proposta conxunta.

Por parte de CSIF fixéronse as seguintes peticións:

  • Que se tome como exemplo a uniformidade dos axentes de Murcia, por tratarse da máis moderna e funcional.
  • Que as galoneras deben ir nas hombreras.
  • Que a lenda común que deberá figurar na placa insignia, na composición común para exhibir na parte superior da manga esquerda e na espalda do uniforme sexa ‘Axentes Técnicos en Xestión Ambiental’, dado que é a denominación legal da única escala que perdurará no momento en que se extingan as escalas de Axentes Facultativos Medioambientais e Axentes Forestais.
  • Que se dote ao colectivo dun chaleco no que figure na espalda ‘Policía Ambiental’ para ser empregado nas actuacións como policía xudicial e policía administrativa ambiental.

Curiosamente, despois de máis de 25 anos reivindicando a nosa condición de policía xudicial xenérica e policía administrativa ambiental, o Sr. Moreno Mariño, delegado da CIG, e a Sra. Mónica Ramos Gende, delegada da UGT, opuxéronse frontalmente a que a proposta de CSIF fose adiante.

Ningunha das peticións feitas por CSIF foron tidas en conta, polo que o texto definitivo desta orde non poderá ter o beneplácito da nosa organización sindical.

Para máis información podedes dirixirvos aos delegados Juan Rubén Pardo Cid e Roberto González Ortega.