Nota informativa sobre a modificación da RPT do Instituto Galego de Estadística

CSIF INFORMANa xuntanza mantida hoxe con responsables do Instituto Galego de Estatística debatiuse arredor das seguintes modificacións que pretenden levar a cabo na RPT do dito organismo:

  1. Amortización de postos “sen dotación orzamentaria”(4 postos):
FC.A01.00.000.15770.005 Posto base subgrupo A1
FC.A01.00.000.15770.022 Xefatura de grupo nivel 14
FC.A01.00.000.15770.010 Posto base subgrupo A1
FC.A01.00.000.15770.017 Técnico facultativo superior
  1. Outras amortizacións (para financiar creacións de outros postos): Amortizaranse outros 4 postos co fin de financiar ás creacións que se propoñen:
FC.A01.00.000.15770.012 Posto base do subgrupo C2
FC.A01.00.001.15770.002 Secretario/a Subdirector/a Xeral
FC.A01.00.001.15770.010 Xefatura de Servizo de Persoal e Xestión Orzamentaria
FC.A01.00.002.15770.032 Técnico/a Facultativo/a Medio

Así, no capítulo de amortización temos un total de 8 postos.

  1. Creación de Postos: 4 postos:
Unidade de Modernización Socioeconómica Xefatura de Servizo
Negociado de apoio á Dirección Xefatura de Negociado
Dous postos bases do subgrupo A1 da escala de Estatística Dous postos base do A1 (Escala de Estatística)
Sección de Difusión e Información II, dependente da Subdirección xeral de Síntese, Análise e Difusión Xefatura de Sección
  1. Modifícase a dependencia orgánica do seguintes postos:
  • Negociado de Apoio á Difusión.
  • Negociado de Biblioteca e Publicacións.
  • Técnico Facultativo Superior.
  1. Modifícase o sistema de provisión das xefaturas de servizo polo de Concurso Específico, en cumprimento do artigo 91 da Lei de emprego público de Galicia, así como a xefatura de sección de Contabilidade e Habilitación, agás:
  • A Unidade de Modernización Socioeconómica en base ao establecido na Resolución do 25 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública trátase dun posto que depende directamente dun alto cargo.
  • A xefatura de Servizo de Informática, xa que ten establecido mediante estrutura orgánica a responsabilidade dos ficheiros que conteñan datos estatísticos, datos de especial protección de acordo co establecido na Lei de Estatística de Galicia, e ao igual que o anterior estaría incluído nas excepcións recollidas na citada resolución da Dirección Xeral de Función Pública.
  1. Así mesmo o servizo de Informática ábrese á escala estatística debido ás funcións que se atribúen no estatuto do IGE ao dito posto.
  1. Inclúese como mérito a experiencia no tratamento de datos estatísticos para tódolos postos que non son propios da escala de estatísticos ou de categorías propias como á de enquisadores.

Dende a CSIF reclamamos que non se produza ningunha amortización. Nesta proposta, constátase o mesmo que no resto das modificacións de RPT: o incremento de postos de nivel e o baleiramento de postos base para a realización das tarefas administrativas básicas.

Ademais do dito, reclamamos que non se xeneralicen as aperturas de postos a outras administracións: na RPT do IGE mantéñense postos abertos a outras Administracións e mesmo ao persoal do Instituto Nacional de Estatística, cando a propia Secretaria Xeral do IGE recoñece que non hai reciprocidade co dito Instituto. Existindo unha escala estatística na administración autonómica, entendemos que contamos con persoal cualificado para a cobertura das ditas prazas.

Por outra parte, engádense nos postos dos corpos xerais o mérito de experiencia no tratamento de datos estatísticos. Dende a CSI•F entendemos que deberían engadirse tamén os mesmos méritos referidos á formación, xa que o propio IGE colabora na impartición dos cursos de referencia coa EGAP. Mesmo o IGE está interesado en creas o “Diploma Estatístico” para a integración dos cursos desta rama e de loitar porque sexan valorados nos concursos.

Os responsables do IGE comprometéronse en remitir documentación adicional, xa que había lagoas na entregada para esta xuntanza, e poderemos presentar alegacións ata o próximo luns día 30 de xaneiro.