Información do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Resumo do Pleno do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social (9 febreiro 2017).

Abordáronse os seguintes temas:

1.- Estudos psicosociais en centros residenciais.

Acórdase a composición dos grupos de traballo que participarán nos estudos psicosociais, dos seguintes centros:

  • Residencia do maior de Oleiros
  • CAPD da Coruña
  • Residencia do maior de Pontevedra

Fíxase o 24 de febreiro como data para a seguinte reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral na que se concretarán as datas da realizacións dos devanditos estudos psicosociais.

No Centro San José de Calasanz, a realización do estudo estará supeditado a participación da totalidade do persoal do centro. Para que os resultados das enquisas sexan fiables requírese, polo menos, 25 enquisas. De non conseguir esta cifra o estudo non é valorable.

2.- Corte de suministro eléctrico debido ao temporal no CRPAD I Vigo

Infórmase do corte de subministro eléctrico por causa do temporal no CRAPD I e que durante o mesmo non se activou o grupo electróxeno, permanecendo o centro sen luz durante máis dunha hora. Este corte afectou aos condensadores de oxíxeno eléctricos, ascensores, etc. Ademais, non funcionaron as luces de emerxencia e o persoal non dispoñía de ningunha lanterna para poder ter luz. Considérase que debe investigarse por que non funcionou o grupo electróxeno.

As probas de funcionamento do mesmo deberían facerse periodicamente así como as luces de emerxencia. Así mesmo, considérase imprescindible que se dote de lanternas a cada punto de enfermería e se elabore dun protocolo de actuación, de coñecemento xeral para todo o persoal, que indique as pautas a seguir ante unha situación similar.

3.- Queixa dunha traballadora relativa ao trato recibido pola Mutua.

Infórmase do escrito dunha traballadora que manifesta que no informe médico que recibiu cos resultados do recoñecemento médico anual aparecen conclusións diagnósticas de probas que non lle foron realizadas así coma outras irregularidades como unha bata para poñer que non viña debidamente precintada

Infórmase dende o Servizo de Riscos Laborais que este feito xa ten ocorrido outras veces e débese a un problema coa aplicación informática utilizada. Os médicos cumprimenten os campos básicos das probas realizadas e a aplicación, por defecto, adxudica un valor aos campos non cubertos, Estase a tratar de solucionar este problema .

4.- Escrito dunha traballadora queixándose polo trato dispensado pola Mutua. 

É unánime a opinión de que os tratos inadecuados por parte da Mutua son demasiado frecuentes. Neste caso, ademais, concorre a circunstancia dun cambio de criterio médico do que se pedirá explicacións.

5.- Agresión a unha traballadora do CAPD de Sarria.

Infórmase da agresión sufrida por unha traballadora do CAPD de Sarria por parte dunha usuaria do centro. Habería que reforzar o persoal de atención directa nestes centros e especialmente, dispor de médicos especialistas en saúde mental para a atención desta tipoloxía de usuarios.

6.- Adquisición de axudas técnicas para determinados centros.

Informa a Subdirectora Xeral de Contratación que de se valoran e se solicita asesoramento de todos os produtos. Hai que analizar cales se compran e cales se denegan, pero algúns centros poden decidir adquirilos ou non.

Dende CSIF presentamos unha solicitude de axudas técnicas e consideramos que algunhas de elas, como as sabanas deslízantes, as táboas para amputados etc. deberían formar parte do equipamento de todos os centros de atención a dependentes xa que non só facilitan o traballo dos profesionais evitando sobre esforzos , senón que prevén golpes e lesións nos usuarios durante a mobilización.

7.- Implantación de plans de autoprotección nos centros residenciais dependentes da Consellería de Política Social.

Non hai ningún centro que dispoña do Plan de Autoprotección. Este Plan é obrigatorio segundo a normativa estatal e autonómica. Tense coñecemento das reiteradas solicitudes de directores de centros para que se elaboren os preceptivos plans sen que ata a data a Administración faga efectivo esta obrigación legal. Dende a Administración se informa que xa se está tratando este tema.

8.- Solicitude de mascarillas para o personal de lavanderías.

Consideramos de vital importancia que se faciliten mascarillas axeitas o persoal das lavanderias xa que as que teñen son de unha calidade pésima.

Considerase oportuna a queixa e darase traslados as direccións dos centros para que se tomen medidas para arranxar este problema.

9.- Problemas cos illamentos na residencia Volta do Castro.

Faise mención de unha serie de problemas xurdidos na residencia de Volta do castro cos illamentos, dende prevención de Riscos estanse traballando nos protocolos para actuar nestes casos debido as deficiencias que están a xurdir.

O único centro con zona de illamento esta no CRAPD I de Vigo polo cal se solicita que se faga extensivo aos demais centros

Asistiron por CSIF a esta reunión:

  • Montserrat Casal Chouciño
  • Manuela Vence arias
  • Montserrat Rodríguez Arribas

Documento en PDF