Nota sobre a xuntanza para abordar o acceso ao grupo B dos axentes forestais e medioambientais

Nota informativa da xuntanza (9/02/2017) entre representantes sindicais con Función Pública, Educación, Medio Rural e Medio Ambiente.

Tema a tratar: O acceso o grupo ‘B’ axentes.

Comenzou a falar o director Xeral de Función Pública, que informou do seguinte:

  • 83 axentes que teñen ciclo superior, 205 que están en condicións de acceso a ciclo superior, 193 que non teñen acceso directo a ciclo superior e 1 axente con titulación indefinida.
  • Firma do convenio de colaboración entre Educación e as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente.
  • Os axentes que están en condicións de acceso directo a ciclo superior (205) comenzarán a súa formación en centros concertados, posiblemente no vindeiro mes de marzo.
  • Sobre os axentes que non están en condicións de acceso directo ao ciclo superior (193), informóusenos que para que fose máis doado e rápido o seu paso realizarían unha proba de acceso entre os días 25 ó 29 de novembro do 2017. Para que estén en mellores condicións para realizala, se lles impartirá un curso de formación preparatorio para dita proba, que comezará en breve. Unha vez superado o acceso comenzarán a formación de ciclo superior no 2018.
  • Na OPE de 2017 sacarán 288 prazas (que serían 83 máis 205).
  • Os compañeiros que teñan que facer algunha reclamación, por estar mal encadrados ou non estar no listado provisional, deberán mandar un escrito a Función Pública ou entregalo persoalmente. (Escritos dirixidos a: A/A. Dolores Veiga – Xefa de Servizo – D. Xeral de Función Pública).
  • Que esta proposta era a única e outras alongarían todo o proceso.

Por parte de CSIF, recordámoslles que isto non era o que anteriormente se había acordado coas centrais sindicais, posto que nos parecía unha imposición o non dar cabida a outras propostas. Recordámoslle que o acordo asinado tiña que estar publicado no DOG o antes posible.

Respecto a proba de acceso e o curso preparatorio, nos propuxemos que se acreditara o ciclo medio e posteriormente se accedera directamente o superior, por parecernos máis doado e, de non ser así, que a proba fose un pouco adaptada o noso colectivo.

A impresión da xuntanza dende CSIF foi negativa porque non teñen intención de que este proceso sexa moi rápido xa que o están a alongar o máximo posible. Tamén destacamos a pouca disposición das consellerías de MR e MA a soltar os cartos da formación, escatimando no proceso de acreditación do ciclo medio, deixándonos abocados a unha proba e, no caso de aprobala, a formación de ciclo superior sería no 2018, dividindo así máis o colectivo.

Para máis información dirixirvos o vosos representantes da CSIF:

  • Rubén Pardo (Ourense). Tlf.: 639202947.
  • Roberto González (Lugo). Tlf.: 689665627.