RESUMO DA REUNIÓN INFORMATIVA COA DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA, AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA E COMITÉS DE EMPRESA (02/03/2017).
Tema:
Procesos de integración do persoal do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo como persoal laboral da Xunta.
Na xuntanza mantida con membros dos Comités de Empresa da entidades citadas, cos responsables da Axencia de Turismo de Galicia, da Presidencia da Xunta de Galicia e da Dirección Xeral de Función Pública, o Director Xeral de Función Pública dou traslado aos membros do Comité de Empresa do plan da Administración para integrar ao persoal das ditas entidades como persoal laboral da Xunta de Galicia.
O director fai unha referencia expresa á integración do persoal laboral fixo das ditas entidades, que, por suposto, cumpra cos requisitos establecidos para a integración, e sempre recalcando o carácter voluntario do proceso.
Fases da Integración:
Integraríase a este persoal en dúas fases
- O persoal do Instituto de Estudios Turísticos, do Plan Xacobeo e o da antiga Turgalicia, xunto co persoal non docente do Centro Superior de Hostaleira de Galicia, integraríase nunha primeira fase.
- O persoal docente da Escola de Hostaleira integraríase nunha segunda fase debido a que é necesaria a creación das correspondentes categorías de persoal docente que actualmente non existen no V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Estas dúas fases do proceso de integración poderían ir reguladas nunha mesma orde a pesar de que se realizarían en diferentes tempos.
Adhesión ao V Convenio:
De xeito paralelo á negociación do proceso de integración do persoal laboral, se negociaría tamén a adhesión ao V convenio, coa participación necesaria e directa dos comités de empresa afectados na dita integración.
Dende Función Pública destácase que na maioría destes procesos estase a integrar todo o persoal que forma parte das diferentes entidades, coa importante vantaxe de formar parte do persoal propio da Xunta de Galicia, cunha garantía de estabilidade e mesmo posibilidades de mobilidade coas que agora non conta o persoal afectado.
Todos os procesos coordinaranse dende a Dirección Xeral de Función Pública.
Persoal do Plan Xacobeo:
Con respecto ao persoal do Plan Xacobeo (entre 15 e 17 traballadores, segundo os datos do director xeral) que quedaron fora da fusión xa producida, Función Pública abre a man a que poidan estar no proceso de integración, en caso de que así o soliciten as organizacións sindicais e cumpran os requisitos, e mesmo mostra a súa disposición a realizar algunha modificación da normativa no seu favor en caso de que fose necesario.
RPTs e garantía de mantemento de emprego:
Con respecto ao persoal laboral fixo, Función Pública garante, como non podía ser doutro modo, a permaneza no seu posto de traballo.
Polo que se refire ao persoal laboral temporal, se hai acordo, pasará a ser persoal laboral temporal da Xunta de Galicia sen que haxa ningún despedimento e garante a permanencia deste persoal mentes a súa praza non sexa incluída nun proceso selectivo ou nunha proposta de amortización.
Polo que se refire aos postos de traballo que neste momento non están incluídos na RPT da Axencia de Turismo de Galicia, manifesta que no proxecto de orde de integración si estarían polo menos as categorías concretas, e se hai algunha xefatura ou algún posto que requira ter en conta algunha especialidade sería no momento da negociación da RPT cando habería que telas en conta.
Equiparación retributiva:
Polo que respecta as retribucións, dende Función Pública se manifesta que serán as establecidas para o persoal laboral da Xunta de Galicia no V Convenio, coa posibilidade de estudiar as especialidades que non estean incluídas no mesmo, e coa posibilidade da equiparación retributiva en 6 anos, segundo o actualmente regulado no Decreto 129/2012.
Así mesmo, Función Pública informa que xa están traballando nas modificación do dito decreto 129/2012, que regula os procesos de integración, para adaptalo tanto ao recollido no acordo de integración do persoal do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, como ás novas previsións establecidas na Lei de medidas fiscais e Administrativas, co obxecto de permitir tamén a integración do persoal laboral temporal.
Dende Función Pública se informa sobre a pretensión da Administración de proceder a equiparación retributiva de todo o persoal do Sector Público Autonómico, con independencia de que se integre ou no.
Cronograma da integración:
Con respecto ao borrador da Orde de Integración, a previsión é de que sexa remitido ás organizacións sindicais ao longo do mes marzo para a súa negociación coa finalidade da súa publicación no mes de abril. Prazos vinculados á duración da negociación á adhesión ao V Convenio.
En todo caso, a pretensión da Administración que o proceso de integración do persoal dos tres entes instrumentais estea rematado no ano 2017.
Persoal que non se integre:
Aqueles traballadores que non cumpran os requisitos para a integración ou que decidan voluntariamente non integrarse, quedarán vinculados co contrato laboral coa entidade para a que prestan os seus servizos, pero recalca a vontade da Administración da equiparación retributiva do persoal dos entes instrumentais co persoal da Xunta de Galicia.
Con respecto de unha posible adscrición da Escola de Hostaleira á Consellería de Educación, toda vez que é un centro docente, Función Pública afirma que non existe outra previsión que non pase pola súa adscrición a Axencia de Turismo de Galicia.
Asemblea Informativa:
Co fin de trasladar aos traballadores esta e outras informacións sobre o proceso de integración así como de dar a visión de cada OO.SS., os Comités de Empresa convocarán aos traballadores a unha asemblea informativa o próximo mércores día 8 de marzo de 2017.