CSIF reclama líderes comprometidos coa igualdade que deseñen políticas para unha España 50/50

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2017:
‘As mulleres nun mundo laboral en transformación’.
CSIF presenta a campaña ‘Pásame a mochila’.

CSIF conmemora o Día Internacional da Muller con este manifesto no que nos sumamos á iniciativa de ONU Mulleres As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara a un planeta 50-50 en 2030.

Campaña Pásame la mochilaNeste ano no que por fin o permiso de paternidade alcanza o catro semanas, pero que eliminou a ampliación cando sobreveñen outras circunstancias, como son o número de fillos (familias numerosas) ou a discapacidade, reclama a todas as formacións políticas un compromiso renovado coa igualdade de xénero e o fomento da corresponsabilidade para alcanzar a conciliación no ámbito laboral.

CSIF presenta a campaña ‘Pásame a mochila’ para que se exerza a paternidade responsable, para que homes e mulleres repartan as súas responsabilidades a partes iguais e non penalice as carreiras profesionais e as carreiras de cotización das mulleres.

CSIF levanta a súa voz para reclamar a xustiza social que neste país pasa por que a muller poida ser protagonista da súa propia vida e sexa libre para decidir que camiño quere seguir. En España hoxe iso penalízase, unha muller aínda non é libre porque lle custa a vida.

O mundo laboral é un dos espazos onde máis hai que incidir para que se respecte a igualdade, é a chave que permite o exercicio desa liberdade, que ofrece ás mulleres unha economía propia, unha visibilidade pública, un desenvolvemento profesional, unha integración total para as vítimas de violencia de xénero e o establecemento de redes con outras mulleres. Por iso no ámbito laboral é onde CSIF loita por ese exercicio real, que non formal, da igualdade de oportunidades.

Medidas como as gañadas nos tribunais por CSIF de flexibilidade horaria pon en evidencia que existen dificultades para exercer a conciliación e que as empresas e Administracións deben aplicar a perspectiva de xénero en todas as súas actuacións de maneira transversal.

CSIF, como sindicato máis representativo nas administracións públicas e con presenza crecente no sector privado, defendemos esa igualdade nas mesas de negociación específicas que xa existen no sector público e privado. Animamos ás Administracións e empresas que aínda non dispoñen deses espazos de negociación a que as constitúan para establecer a folla de ruta en igualdade que son, nin máis nin menos, que os Plans de Igualdade para que establezan medidas operativas e consensuadas que sexan
executadas e avaliadas.

CSIF abandera e defende a corresponsabilidade como peza crave para o avance persoal, social, laboral e familiar da muller, e por iso:

  • Queremos e apostamos por que a igualdade no ámbito laboral estea profesionalizada. Reclamamos unha estrutura cunha suficiente dotación en recursos, para poder levar a cabo o desenvolvemento das políticas de igualdade.
  • Queremos e apostamos por que a igualdade no ámbito laboral sexa produto da negociación e do consenso e por iso reclamamos a figura do Delegado/a ou Axente de Igualdade no sector público e privado asimilándoo á figura do delegado/a de Prevención.
  • Reclamamos máis formación e sensibilización en igualdade en todos os niveis das estruturas das organizacións para que se interioricen de verdade os comportamentos e actuacións igualitarias.
  • Non queremos que resida nas organizacións o acoso sexual e por razón de sexo, ou que se normalicen comportamentos sexistas e non se denuncien; queremos que se combatan e por iso reclamamos Protocolos de actuación contra ese acoso.
  • Queremos que a situación de embarazo estea realmente protexida e que se establezan medidas para que non exista ningunha perda de oportunidade para as mulleres.
  • Queremos que as mulleres que recorren ás técnicas de reprodución asistidas, dispoñan de protección ante os riscos no ámbito laboral.
  • Seguimos reclamando en materia de conciliación criterios homoxéneos de conciliación nas bases das convocatorias dos concursos, bolsas de horas para a conciliación, a flexibilidade horaria aplicable á concesión de permisos por deber inescusable e a aplicación do teletrabajo regulado.

RECLAMAMOS UN PLAN INTEGRAL DE MOBILIDADE DAS MULLERES EMPREGADAS PÚBLICAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO, no marco dos traballos da recentemente
constituída Subcomisión parlamentaria do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o conxunto de todas as Administracións Públicas, que garanta o dereito ao traslado forzoso urxente, para salvagardar a vida da victima, en calquera das Administracións, na
localidade que elixan, con garantía de confidencialidade e con garantía dos seus dereitos laborais, sen perdida retributiva, de protección de datos, respectando a carreira profesional e facilitando a conciliación.

  • Reclamamos man firme ante a brecha salarial, e a aplicación do principio de presenza equilibrada que permita ás mulleres desempeñar postos de responsabilidade.
  • Solicitamos unha modificación das persoas beneficiarias do complemento de maternidade que produza igualdade e non discriminación.

Por iso neste especial día, onde aínda homes e mulleres non cobran o mesmo por realizar o mesmo traballo, e onde aínda as mulleres non desempeñamos o 50% dos postos de responsabilidade, CSIF reclama líderes de altura, homes e mulleres de Estado comprometidos coa igualdade que deseñen políticas a longo prazo e de alto nivel que consigan por fin unha España 50/50.

CSI·F X A IGUALDADE