Novas sobre a xuntanza previa á Mesa Xeral de Empregados Públicos

Xuntanza previa á Mesa Xeral de Empregados Públicos (16 de maio 2017)

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA ATRIGA

Na documentación que se remite para Mesa Xeral de Empregados Públicos,non se produce máis cambio que o relativo á inclusión da relación de postos que se distribúen nalgunha das áreas funcionais creadas recentemente.

Seguindo a mesma orde da memoria funcional, informáse:

CREACIÓNS: créanse un total de 3 postos:

  • Un posto de Xefatura de Área de Coordinación, Xestión Económica e Asuntos Xerais, de nivel 30, para a súa provisión por LD, pero pechada para a súa provisión por persoal da Xunta de Galicia. A xustificación para a provisión por LD está en que é un posto que depende directamente da Dirección da Axencia, por moito que a este respecto a Resolución de 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relación de postos de traballo e determinación dos criterios de excepcionalidade, recolla, unida á dependencia directa dun alto cargo tamén o asesoramento ao mesmo.
  • Un posto de Xefatura de Departamento de planificación e control tributario, para provisión por CE e para integrantes da escala de finanzas, tanto da superior como da técnica (aberto por tanto, ao A1 e ao A2). Tamén se deixa en exclusiva para o persoal da Xunta de Galicia.
  • Un postos de xefatura de negociado, aberto aos subgrupos A2, C1 e C2, que se encadra na área funcional TRIBUTARIA.

AMORTIZACIÓNS:

  • Amortizacións de postos nos servizos centrais da ATRIGA para financiar a creación dos novos postos: amortízanse un total de 5 postos (catro de eles vacantes e un non vancate neste momento): dous postos base do C2, unha xefatura de grupo (C1-C2) e un posto de axudante de administración de nivel 16 (C1-C2), entre os postos vacantse. O non vacante é un posto de xefatura de departamenteo de análise da información, de nivel 28.
  • Amortización de postos para adaptar o número de postos da RPT ao anexo de persoal do capítulo I dos orzamentos da ATRIGA para o ano 2017: amortízanse un total de 5 postos, 4 nas provincias de Lugo (1), Ourense (1) e Pontevedra (2), e outro en SS.CC., todos eles postos de nivel do 18 ao 26 que, sobre todo nas provincias, escasean coartando a progresión na carreira profesional do persoal funcionario.

ÁREAS FUNCIONAIS: Preséntase un total de 186 postos na proposta para o seu encadramento nunha determinada área funcional.

Deses 186 postos, un total de 169 (un 90,86%) encádranse na área TRIBUTARIA. Entendemos que é moi esaxerado o número de postos que se encadran nesta área , quedando para a resto das áreas 2 posto para a área ECONÓMICO-FINANCIEIRA e outros 10 para a área de PERSOAL en toda a estrutra (servizos centrais e periféricos) da Axencia. Esto da que pensar en que serán finalmente os postos base que non se inclúen nas áreas funcionais os encargados das tarefas cotiás da xestión económica e de persoal, e ademais que se encasilla a todo o persoal dos corpos xerais da axencia en funcións tributarias, que ao meu entender non están suficientemente xustificadas na memerodia que se nos presenta.

O posto de xefatura do Departamento Central de Valoracións (código do postos FC.A20.00.001.15770.030) finalmente ábrese a toda a escala especial polas peculiares características do posto, de xeito que as titulacións concretas que podan acceder ao dito posto serán definidas nas bases do Concurso Específico correspondente. Dente a CSIF pensamos que era moito máis correcta a proposta inicial da ATRIGA, que abría o posto a seis titulacións diferentes definidas na propia RPT, en concreto: Escala de Arquitectos, Escala de Enxeñeiros, especialidades de Enxeñaría Agronómica e Enxeñaría de Montes, Escala de Arquitectos técnicos e Escala de enxeñerios técnicos , especialidades de Enxeñaría Técnica Forestal e Enxeñaría Técnica Agrícola.

Mantéñense os méritos de experiencia en materia tributaria en 22 serie de postos de escalas, porque se considera necesaria para o desenvolvemento das función propias do posto.

Mantense a provisión por Libre desiganción dos cinco postos de Delegados/as da Coruña, Lugo Ourense, Pontevedra e Vigo, sustentada na especial responsabilidade por xestionar informacións especialmente reservada da Xunta de Galicia.

Tratarase desta modificación na Mesa Xeral de Empregados Públicos que se celebrará este venres día 19 de maio. Temos prazo para novas alegacións ata ese mesmo día.

Proposta de modificación da RPT da Axencia Galefa de Innovación e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a integración do persoal de GAIN e do Laboratorio de Metroloxía de Galicia.

Este punto queda fora da orde do día da mesa do próximo venres 19, á espera de celebrar a xuntanza previa prevista para o próximo martes 23 cos responsables da Consellería de Economía, Empredo e Industria,

Novas de Función Pública

PROCESOS SELECTIVOS

PROMOCIÓN INTERNA 

A1 A2 C1 C2
Está pendente a baremación da fase do concurso e está previsto que entre esta semana e a que ven, se publique a baremación provisional. Está endente de que se remita á DXFP a relación de aprobados (que será nuns días). Para estes dous subgrupos: esta semana publicarase o resultado do proceso selectivo no DOG e abrirase o prazo para a entrega de documentación que poderá rematar se non hai retrasos en torno ao 8-10 de xuño.

ACCESO LIBRE

A1 A2 C1 C2
Está pendente da nota de un opositor/a que tivo que realizar o exame de galego, e polo tanto queda publicar a relación de aprobados e abrir o prazo para a entrega de documentación. Xa se publlicou no DOG do 10 de maio a relación de aprobados, polo que se abreu o prazo para a entrega de documentación que remata a finais deste mes . Está pendente do informe e das reclamación efectuadas ao respecto do cambio da nota de corte do segundo exercicio.

Para todos os procesos selectivos pendentes, a idea da Dirección Xeral de Función Pública é que se rematen e se tome posesión coa maior celeridade posible.

Neste momento xa está en poder das diferentes consellerías a relación de prazas de todos os subgrupos que a Dirección Xeral de Función Pública propón para as diferentes tomas de posesión para que presenten as súas alegacións, e esperan poder remitilas ás OO.SS. neste mes de maio.

POSTOS RESERVADOS Á PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL. A finais desta semana estarán publicadas as notas do primeiro exame e existe a previsión de que entre finais de maio e principios do mes de xuño se realice a proba de calego.

CONVOCATORIAS:

PERSOAL FUNCIONARIO

Publicarase (previsiblemente) a próxima semana a composición dos tribunais da Escala Superior e da Escala Técnica de Finanzas, e tamén o correspondente ao proceso selectivo de Gardacostas, co fin de que o primeiro exame sexa antes do mes de agosto.

Tamén está pendente do nomeamento do tribunal o proceso selectivo de Enxeñeiros Industriais e van con máis retraso os da escala de ciencias correspondentes ás especialidades de Químoca e Bioloxía.

Polo que respecta ao profesores numerarios de institutos politécnicos naútico pesqueiros, estanse valorando as alegacións e a intención de función pública é publicar o temario canto antes.

PERSOAL LABORAL

Pretendese publicar TODAS as prazas pendentes de Promoción Interna correspondentes a Persoal Laboral (todas as categorías) que se incluiron na OPE de 2016 antes do mes de Agosto.

CONCURSOS:

Convocarase no mes de xuño o concurso de traslado da escala de Estatística. Neste concurso se resolverá xa nun unico proceso de adxudicación que unifica todas as fases, que será o novo sistema para o resto dos concursos que se realicen despois deste.

Remitirase ao longo de este mes unha nova proposta de baremo, do que o director xeral adianta o seguinte, ao respecto dos criterios a valorar:

  • Antigüidade no servicio nas AA.PP.: establecerase unha puntuación por cada ano ou fracción superior a un mes, cun máximo de puntos deste apartado, computanto como xa se fixo no último concurso tanto a antigüidade como persoal funcionario de carreira e como persoal funcionario interino.
  • Méritos específicos axeitados para o desenvolvemento do posto de traballo: establecerase unha puntuación por ano ou fracción superior a seis meses, polos seguintes conceptos: Posto na mesma área funcional.
  1. Posesión da titulación académica que se pide para o posto concreto ao que se opta.
  2. Nivel de coñecemento da lingua extranxeira que se requira para o posto.
  3. Permiso de conducir cando sexa requirido para o desenvolvemento do posto.
  • Grao persoal:incluirase unha previsión para outorgar unha puntuación mínima polo grao personal para a queles casos nos que os concursantes non o teñan formalizado.
  • Traballo desenvolvido: empregarase unha fórmula que fará que a puntuación sexa a mesma con independencia do postos ao que se opte, de maneira que o participante no concurso poda saber sempre cal é a súa puntuación por este apartado. Puntuarase tamén o tempo de permanencia no posto dende a última adxudicación de carácter definitivo e as medidas de conciliación e igualdade de xénero.
  • Formación: Incluirase como novidade a valoración de todos os cursos de formación por horas con independencia do tipo de curso e establecerase un mínimo de horas e un máximo de puntos.
  • Coñecemento do idioma galego: segundo o criterio que se viña empregando.
  • Grupo de pertenza.

Polo que respecta ao establecemento dunha puntuación mínima para adxudicar determinados postos estase a valorar se eliminala ou non.

Está previsto remitir ás OO.SS. A documentación para a correspondente negociación antes de que finalice o mes de maio.

VETERINARIOS:

Polo que respecta á convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Veterinarios, o director xeral dí que xa se convocou ás consellerías que teñen persoal veterinario para lles fagan chegar todas aquelas cuestións relacionadas con este persoal que se podan debatir na comisión de seguimento do Acordo, e prevé que se poda convocar a dita xuntanza para a primeira semana de xuño.

Polo que respectaá extensión deste acordo ao persoal veterinario de Mar, non pensa que haxa máis que comunicalo e dar conta en Comisión de Persoal.

PERSOAL DE LOITA CONTRA O FRAUDE NAS OFICINAS DE EMPREGO:

Está pendente a xuntanza coas OO.SS. Para explicar o contido do informe no que se sustenta a decisión de Función Pública de non renovar automáticamente os contratos deste persoal. Ademáis, o director informa de que hai varios convenios e plans (2 ou 3) ao respecto de esta materia que se poñerán en marcha este ano, e que teñen pendente unha xuntanza coa Consellería de Economía ao fin de delimitar a incidencia dos mesmos, ainda que confirma que implican un incremento do número de prazas actuais.

CATEGORÍAS DO PERSOAL LABORAL:

Remitíronse xa as categorías do persoal laboral correspondentes ao persoal laboral das Illas Atlánticas e se convocará pronto ás OOSS. Para debatir esta cuestión e a referida ás categorías do persoal legoeiro da AXI.