PROMOCIÓN INTERNA
A1 | A2 | C1 | C2 |
Está pendente a baremación da fase do concurso e está previsto que entre esta semana e a que ven, se publique a baremación provisional. | Está pendente de que se remita á DXFP a relación de aprobados (que será nuns días). | Para estes dous subgrupos: esta semana publicarase o resultado do proceso selectivo no DOG e abrirase o prazo para a entrega de documentación que poderá rematar se non hai retrasos en torno ao 8-10 de xuño. |
ACCESO LIBRE
A1 | A2 | C1 | C2 |
Está pendente da nota de un opositor/a que tivo que realizar o exame de galego, e polo tanto queda publicar a relación de aprobados e abrir o prazo para a entrega de documentación. | Xa se publlicou no DOG do 10 de maio a relación de aprobados, polo que se abreu o prazo para a entrega de documentación que remata a finais deste mes . | Está pendente do informe e das reclamación efectuadas ao respecto do cambio da nota de corte do segundo exercicio. |
Para todos os procesos selectivos pendentes, a idea da Dirección Xeral de Función Pública é que se rematen e se tome posesión coa maior celeridade posible.
Neste momento xa está en poder das diferentes consellerías a relación de prazas de todos os subgrupos que a Dirección Xeral de Función Pública propón para as diferentes tomas de posesión para que presenten as súas alegacións, e esperan poder remitilas ás OO.SS. neste mes de maio.
POSTOS RESERVADOS Á PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL. A finais desta semana estarán publicadas as notas do primeiro exame e existe a previsión de que entre finais de maio e principios do mes de xuño se realice a proba de calego.
CONVOCATORIAS:
PERSOAL FUNCIONARIO
Publicarase (previsiblemente) a próxima semana a composición dos tribunais da Escala Superior e da Escala Técnica de Finanzas, e tamén o correspondente ao proceso selectivo de Gardacostas, co fin de que o primeiro exame sexa antes do mes de agosto.
Tamén está pendente do nomeamento do tribunal o proceso selectivo de Enxeñeiros Industriais e van con máis retraso os da escala de ciencias correspondentes ás especialidades de Químoca e Bioloxía.
Polo que respecta ao profesores numerarios de institutos politécnicos naútico pesqueiros, estanse valorando as alegacións e a intención de función pública é publicar o temario canto antes.
PERSOAL LABORAL
Pretendese publicar TODAS as prazas pendentes de Promoción Interna correspondentes a Persoal Laboral (todas as categorías) que se incluiron na OPE de 2016 antes do mes de Agosto.
CONCURSOS:
Convocarase no mes de xuño o concurso de traslado da escala de Estatística. Neste concurso se resolverá xa nun unico proceso de adxudicación que unifica todas as fases, que será o novo sistema para o resto dos concursos que se realicen despois deste.
Remitirase ao longo de este mes unha nova proposta de baremo, do que o director xeral adianta o seguinte, ao respecto dos criterios a valorar:
- Antigüidade no servicio nas AA.PP.: establecerase unha puntuación por cada ano ou fracción superior a un mes, cun máximo de puntos deste apartado, computanto como xa se fixo no último concurso tanto a antigüidade como persoal funcionario de carreira e como persoal funcionario interino.
- Méritos específicos axeitados para o desenvolvemento do posto de traballo: establecerase unha puntuación por ano ou fracción superior a seis meses, polos seguintes conceptos: Posto na mesma área funcional.
- Posesión da titulación académica que se pide para o posto concreto ao que se opta.
- Nivel de coñecemento da lingua extranxeira que se requira para o posto.
- Permiso de conducir cando sexa requirido para o desenvolvemento do posto.
- Grao persoal:incluirase unha previsión para outorgar unha puntuación mínima polo grao personal para a queles casos nos que os concursantes non o teñan formalizado.
- Traballo desenvolvido: empregarase unha fórmula que fará que a puntuación sexa a mesma con independencia do postos ao que se opte, de maneira que o participante no concurso poda saber sempre cal é a súa puntuación por este apartado. Puntuarase tamén o tempo de permanencia no posto dende a última adxudicación de carácter definitivo e as medidas de conciliación e igualdade de xénero.
- Formación: Incluirase como novidade a valoración de todos os cursos de formación por horas con independencia do tipo de curso e establecerase un mínimo de horas e un máximo de puntos.
- Coñecemento do idioma galego: segundo o criterio que se viña empregando.
- Grupo de pertenza.
Polo que respecta ao establecemento dunha puntuación mínima para adxudicar determinados postos estase a valorar se eliminala ou non.
Está previsto remitir ás OO.SS. A documentación para a correspondente negociación antes de que finalice o mes de maio.
VETERINARIOS:
Polo que respecta á convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Veterinarios, o director xeral dí que xa se convocou ás consellerías que teñen persoal veterinario para lles fagan chegar todas aquelas cuestións relacionadas con este persoal que se podan debatir na comisión de seguimento do Acordo, e prevé que se poda convocar a dita xuntanza para a primeira semana de xuño.
Polo que respectaá extensión deste acordo ao persoal veterinario de Mar, non pensa que haxa máis que comunicalo e dar conta en Comisión de Persoal.
PERSOAL DE LOITA CONTRA O FRAUDE NAS OFICINAS DE EMPREGO:
Está pendente a xuntanza coas OO.SS. Para explicar o contido do informe no que se sustenta a decisión de Función Pública de non renovar automáticamente os contratos deste persoal. Ademáis, o director informa de que hai varios convenios e plans (2 ou 3) ao respecto de esta materia que se poñerán en marcha este ano, e que teñen pendente unha xuntanza coa Consellería de Economía ao fin de delimitar a incidencia dos mesmos, ainda que confirma que implican un incremento do número de prazas actuais.
CATEGORÍAS DO PERSOAL LABORAL:
Remitíronse xa as categorías do persoal laboral correspondentes ao persoal laboral das Illas Atlánticas e se convocará pronto ás OOSS. Para debatir esta cuestión e a referida ás categorías do persoal legoeiro da AXI.