Novas en materia de emprego público sobre decretos e concursos de traslados

Decretos de próxima aprobación:

Na Comisión de Persoal celebrada no día 29 de maio de 2017, despois de ser interpelado por CSIF,o Director de Función Pública desvelou que está prevista a aprobación dos seguintes Decretos:

  • Decreto de Oferta de Emprego Público do ano 2017.
  • Decreto de Provisión de Postos de Traballo.
  • Decreto sobre Funcionarización do persoal laboral da Administración Xeral da Xunta de Galicia
  • Decreto de Listas de Contratación  (sen concretar se haberá unha modificación do propio decreto ou si se modificaría a través do Decreto de Provisión de Postos de Traballo.

 Novos criterios en materia de Concursos de Traslados de persoal funcionario e laboral:

Función Pública informa que ao longo desta semana facilitarán ás OO.SS os novos criterios para a súa negociación coas OO.SS.