ASEMBLEA SPDCIF – SILLEDA 21 DE XUÑO – CONCLUSIÓNS E ACORDOS
No día de onte os traballadores do SPDCIF e as organización sindicais CIG e CSIF celebramos unha asemblea na casa da Cultura de Silleda co fin de debater e informar sobre os problemas que suporía deixar que a Función Pública convoque ás prazas do SPDCIF como persoal funcionario e acordar, de ser o caso, as actuacións a levar a cabo na defensa dos procesos como persoal laboral.
Dende CIG e CSIF queremos agradecer o alto interese amosado polos traballadores, así como a súa asistencia e aportacións ao debate que nela se desenrolou.
Na asemblea acordouse de forma unánime ESIXIR a convocatoria de OPE´s para a cobertura de tódalas vacantes existentes no SPDCIF como persoal laboral, previo a calquera proceso de funcionarización, tal e como se pactou no acordo de bombeir@s forestais e segunda actividade no mes de Setembro do pasado ano.
Asemade, DENUNCIAR a estafa que supón para os traballadores temporais o gravísimo incumprimento da Xunta do seu compromiso de publicar as convocatorias de acceso libre das oposicións ás prazas de persoal laboral do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) ofertadas na OPE do ano 2016.
Por todo elo, a asemblea acordou CONVOCAR na primeira quincena de xullo CONCENTRACIÓN/MANIFESTACIÓN de traballadores do SPDCIF en Santiago de Compostela. Nos próximos días daremos conta da data e hora.
Tamén se acordou dar inicio a unha recollida de sinaturas, para súa remisión o Presidente da Xunta, para amosar o rexeitamento dos empregados públicos do SPDCIF aos plans da Función Pública de incumprir os acordos asinados e non convocar as oposicións no SPDCIF como persoal laboral.
NECESITAMOS MÁIS RAZÓNS?
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017