Recollida de sinaturas para esixir OPE’s para cubrir as vacantes no SPDCIF como persoal laboral

COMUNICADO CONXUNTO – SPDCIF – RECOLLIDA DE SINATURAS.

CIG e CSIF poñen en marcha a recollida de sinaturas acordada polos traballadores do SPDCIF na Asemblea celebrada en Silleda o pasado día 21 de xuño.

Dando cumprimento os acordos acadados na asemblea de Silleda, CIG e CSIF veñen de iniciar unha recollida de sinaturas para ESIXIR a convocatoria de OPE´s para a cobertura de todas as vacantes existentes no SPDCIF como persoal laboral, previo a calquera proceso de funcionarización e DENUNCIAR a estafa que supón para os traballadores temporais o gravísimo incumprimento da Xunta do seu compromiso de publicar as convocatorias de acceso libre das oposicións ás prazas de persoal laboral do SPDCIF ofertadas na OPE do ano 2016, mais aínda cando ten previsto convocar de forma inminente a promoción interna.

Os documentos cás sinaturas dos traballadores remitiranse o Presidente da Xunta de Galicia e presentaranse no rexistro o 14 de xullo, día no que está convocada a MANIFESTACIÓN a prol das oposicións de persoal laboral do SPDCIF e contra a precariedade e a inestabilidade laboral.

Dende a CIG e a CSIF instamos a TODOS os traballadores do SPDCIF a participar activamente nestes actos reivindicativos para garantir o dereito de TODOS a estabilizar os seus postos de traballo e rematar coas vergonzosas taxas de temporalidade existentes no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.