Reunión (13-xullo-2017) das OO.SS coa Consellería do Mar para a integración do persoal veterinario adscrito desta consellería no acordo aplicable aos veterinarios da Consellería de Medio Rural e da Consellería de Sanidade.
POSTURA DA VICESECRETARIA XERAL TÉCNICA:
- Defende programables e non programables. Aceptan rebaixar a 5 as quendas de localización nas non programables, e non aceptan a voluntariedade nas de prolongación horaria.
Informa de que a reunión final de negociación do acordo terase que facer na COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO APLICABLE AOS VETERINARIOS, que terá lugar a finais de xullo, segundo lle comunicou FUNCIÓN PÚBLICA, que é quen a convocará.
(CSIF ven de solicitar a Función Pública a adhesión ao Acordo de Veterinarios).
- Confirma que non se amortizara a praza de GARDACOSTAS nivel 16.
- Sostén que as programables nocturnas se paguen a 22 euros, pero considerando un mínimo de horas computables, e dicir, se se realiza unha actuación nocturna, que é de aproximadamente 2 horas, se computen por exemplo mínimo 5 HORAS. ( AUN NON SE DEFINEU, É SÓ UN EXEMPLO).
- Encomendoulle á Xefatura do Servizo do Sicor que estableza un plan de actuación en referencia das actuacións programables (unha serie de actuacións programables por inspector).
POSTURA DA XEFATURA DO SERVIZO DO SICOR:
- Defende as actuacións PROGRAMABLES e NON PROGRAMABLES e, dentro das programables, tamén as nocturnas.
- Defende a racionalidade á hora de aplicar ditas actuacións.
POSTURA DE CSIF:
- Defendemos que nas alegacións presentadas non houbera PROGRAMABLES porque as actuacións propostas se consideraban unha autentica TURNICIDADE, e non se presentou en ningún momento unha relación especifica das actuacións a realizar.
- Pedimos por escrito as novas propostas e que se concrete máis o acordo para que nada quede sen definir, xa que, a pesar da boa relación coa a Xefatura de Servizo, calquera aspecto debe quedar claramente especificado.
- Solicitamos a inclusión da conciliación familiar no desempeño das actuacións.
PRÓXIMA REUNIÓN:
A Vicesecretaria entregará proximamente aos sindicatos as novas propostas por escrito despois que o xefe de Servizo lle entregue a proposta de actuacións programables, á que se poderá facer alegacións.