Novas sobre procesos selectivos, eleccións de destino, listas de substitución e estabilización de emprego

NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA: Ultimas novas facilitadas polo director xeral de Función Pública na Mesa Xeral de Empregados Públicos celebrada o día 17 de xullo de 2017.

Listas de Substitución de persoal temporal da Xunta de Galicia

  • A Dirección Xeral de Función Pública presentará o día 18 de xullo de 2017 unha proposta á Comisión de Listas para a cobertura dos postos que queden vacantes de auxiliar de clínica e de enfermería por medio das listas de cobertura temporal do SERGAS, xa que hai unha necesidade real de cobertura nestes categorías e sería un sistema máis rápido para estas coberturas sen prexuízo de negociar unha solución máis definitiva no mes de outubro.

Eleccións de destino e tomas de posesión pendentes de persoal funcionario:

  • Polo que respecta ás eleccións de destino e tomas de posesión pendentes, neste momento están sen rematar os procesos correspondentes aos subgrupos A1 e C2 de acceso libre. Respecto deste segundo, todavía está pendente que se poña en coñecemento das organizacións sindicais o informe da Asesoría Xurídica Xeral ao respecto do cambio de nota de corte no segundo eximen da fase de oposición. Polo tanto, as correspondentes tomas de posesión de todos os subgrupos de acceso libre e o subgrupo A1 de promoción interna adíanse ata setembro.

OPE 2017:

  • O director xeral de Función Pública informa de que están á espera de que remitan do Estado os criterios xerais para a negociación da OPE da Xunta para 2017.

Procesos de estabilización de emprego:

  • Tamén informa de que están pendentes de que dende que o Ministerio de Hacienda y Función Pública remitirán ás Comunidades Autónomas os criterios para definir os procesos de estabilización de emprego, derivados do pacto asinado entre o Estado e os sindicatos CSIF, CCOO e UGT,para que as CC.AA presenten alegacións. En consecuencia esperarase ata ese momento para negociar os correspondentes procesos coas organizacións sindicais.

Cronogramas de procesos selectivos de persoal laboral:

  • O director xeral de Función Pública afirma que antes de acabar este mes de xullo espera que estean aprobadas as convocatorias de promoción interna, así como as de acceso libre correspondentes á categoría de camareiro/a-limpador/a.

NOTA IMPORTANTE:

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública. Nestas novas simplemente servimos de correa de transmisión aos empregados públicos das informacións facilitadas, sen ter ningunha outra responsabilidade.