Resumo da xuntanza sobre a proposta de acordo entre a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e s organizacións sindicais sobre persoal laboral (13 xullo 2017).
Iníciase a reunión coa presentación de datos da enquisa realizada pola Administración sobre o interese dos legoeiros en facer función de vixiancia e participar no proceso selectivo de promoción interna. Logo de debatir este tema, as partes acordan que esta enquisa non e fiable, polo que a Administración se compromete a facer unha nova enquisa personalizada, aportando interese en facer vixianza e titulación que se posúe a día de hoxe.
Outros temas abordados:
–Dotación de prazas e cobertura das mesmas por procesos selectivos.
Dende CSIF, as 46 prazas ofertadas para promoción interna nos parecen insuficientes e non axustadas a realidade polo que pedimos alomenos 60 prazas. Logo de debatir este punto, a Administración oferta 54 prazas. Queda para concretar o número para a próxima xuntanza.
–Titulación para acceder a promoción interna.
Dende CSIF pedimos que a Administración, antes de sacar a oferta de emprego, inicie a negociación con Educación para articular un proceso de dispensa de grado para que os legoeiros que non teñan a titulación participen en igualdade de condicións que os que si a teñen.
As 14.00 horas levantase a mesa quedando temas que tratar, emplazándonos a Administración para unha nova xuntanza o 7 de setembro.