Actos de elección de destino provisional para os subgrupos de A2- Finanzas e A1- Finanzas

A Subdirección xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública informa de que o acto de elección de destino provisional das persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de finanzasterá lugar o vindeiro o 26 de xullo de 2017, ás 10.00 h, no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en San Caetano.

Asemade, informa de que o acto de elección de destino provisional das persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, terá lugar o vindeiro o 26 de xullo de 2017, ás 10.30 h, no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en San Caetano.

As ditas convocatorias saen publicadas no DOG de hoxe, 21 de xullo de 2017