Esiximos explicacións a Medio Rural sobre a anulación das oposicións do persoal laboral do SPDCIF

CIG e CSIF SOLICITAMOS UNHA XUNTANZA COA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL PARA ABORDAR AS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS SELECTIVOS ÁS CATEGORÍAS DE PERSOAL LABORAL DO SPDCIF.

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DEBE DAR EXPLICACIÓNS POLA ANULACIÓN DAS OPOSICIÓNS DO 2016 E POLO INCUMPRIMENTO DO ACORDO DE BOMBEIROS FORESTAIS

No día de hoxe, a CIG e a CSIF veñen de rexistrar unha solicitude dirixida a Conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, cara a manter con ela, e con carácter de urxencia, unha xuntanza na que expor e denunciar o grave dano que pode supor para o SPDCIF, e para os traballadores temporais que prestan servizos nel, a anulación do acceso libre ás categorías do persoal laboral do SPDCIF da OPE 2016 e o incumprimento do establecido no acordo de Bombeiros Forestais, asinado por ambas centrais sindicais, no que atinxe á obriga de ofertar no período 2017-2020 un mínimo do 20% do total de prazas das ofertas de emprego para o persoal laboral do SPDCIF, e todo elo baixo o pretexto dun incerto proceso de funcionarización aínda non negociado e con grandes eivas como a interinización dos traballadores temporais.

Asemade, dende a CSIF e a CIG consideramos necesario consensuar coa Consellería unha folla de ruta cara ó desenrolo dos procesos selectivos ás categorías de persoal laboral do SPDCIF que termine coas impresentables taxas de temporalidade (nalgunha categoría superior o 70 por cento) que sufre o SPDCIF. Ditos procesos teñen que respectar dúas premisas fundamentais:

  • Desenrolarse previamente ós futuros procesos de funcionarización
  • Incluír a totalidade das prazas vacantes

A CIG e a CSIF tamén imos expor que non se pode admitir a convocatoria dos procesos coma persoal funcionario, xa que ademais de provocar a perda do 50 por cento das prazas e a futura parálise dos procesos, pode implicar o despedimento de compañeiros que prestan actualmente servizos e non cumpran cós requisitos de titulación impostos nas novas escalas que foron creadas sen negociación na lei de acompañamento dos orzamentos.