Alegacións ao Acordo Veterinario para o Réxime de Prestación dos Servizos Veterinarios Oficiais na Consellería do Mar.
As alegacións propostas fanse sobre o texto proposto, modificando aqueles paragrafos que consideramos que poden ser cambiados, realizando a continuación a correspondente xustificación.
ANEXO
REXIME DE PRESTACION DOS SERVIZOS VETERINARIOS OFICIAIS NA CONSELLERÍA DO MAR.
I.- Obxecto e ámbito de aplicación
É obxecto deste acordo definir a organización para a prestación efectiva dos servizos veterinarios fóra dos horarios habituais a través do “Sistema de Atención Continuada e de Alerta Veterinaria”. Este sistema, no concerniente á Consellería do Mar, aplicarase ao Servizo de Inspección e Control dos Recursos, do que dependen funcionalmente todos os efectivos con funcións inspectoras afectados por este acordo.
Estas actividades fora dos horarios habituais, comprenden:
– A preceptiva vixilancia no ámbito do “ Sistema de Atención Continuada e de Alerta Veterinaria”, e de alerta por Seguridade Alimentaria no ámbito da produción primaria.
– A necesaria atención ás actividades de Control Oficial que se desenvolven no ámbito dos Programas Nacionais de Control da Cadea Alimentaria que son competencia deste servizo, así como dos procedementos de traballo específicos incluídos o Plan de Control específico, e doutras instrucións que o poidan precisar.
– As prolongacións horarias, fora do horario habitual, indispensables para a finalización de controis xa iniciados.
II.- Tipos de actuacións efectivas realizada fora dos horarios habituais
Entre estas actuacións efectivas pódense diferenciar dúas modalidades, atendendo ao modo no que se coñece a necesidade de prestación do servizo:
1/ Actuacións efectivas programables.
2/ Actuacións efectivas non programables.
1/ Dentro das actuacións efectivas programables encádranse:
a/ Actuacións de control veterinario oficial en lonxas, embarcacións e outros puntos de control, que polas súas particularidades de funcionamento teñan que ser inspeccionados nos días laborais fóra dos horarios habituais.
b/ Participación en reunións de coordinación, charlas divulgativas e accións formativas dirixidas a operadores do sector cando sexa necesario por motivos de alerta veterinaria.
2/ Dentro das actuacións efectivas non programables á súa vez podemos diferenciar :
a/ Aquelas nas que o feito que as motiva sucede de xeito imprevisto fóra do horario habitual de traballo.
b/ Aquelas que son motivadas por circunstancias imprevistas, sobrevidas dentro do horario habitual, onde a resolución resulte inaprazable por razón da salvagarda da saúde pública ou sanidade animal acuícola ou da seguridade na cadea alimentaria, e que por iso requiren da prolongación ou adaptación da xornada con actuación efectiva fóra do horario habitual do funcionario.
III.- Organización para a prestación de servizos fora do horario habitual
a.- Actuacións Programables
a1/ Para a cobertura de necesidades de realización efectiva de servizos veterinarios en actuacións programables o/a xefe/a do Servizo de Inspección e Control dos Recursos aprobará semestralmente un “Cuadrante de Servizos Especiais” coa distribución de servizos a realizar necesarias para atender ás actuacións de control oficial en lonxas, embarcacións, áreas de descarga e outros puntos de control fóra dos horarios habituais. Os servizos distribuiranse de xeito equilibrado entre todo o persoal con función inspectora, adscrito ao Servizo de Inspección e Control dos Recursos.
a2/ Cando por razón do aseguramento da saúde pública ou sanidade animal acuícola ou da seguridade na cadea alimentaria se considere necesaria programar actuacións efectivas de control oficial no ámbito da comunidade autónoma, fóra dos horarios habituais, á proposta dos veterinarios de inspección, o/a xefe/a do servizo de inspección e control dos recursos poderá aprobar “Cuadrantes Adicionais de Servizos Especiais” en cuxa realización participará o persoal veterinario adscrito ao devandito servizo.
a3/ No marco de campañas divulgativas, accións formativas, organización de actuacións sectoriais, ou outras circunstancias poderanse programar actuacións puntuais efectivas do persoal veterinario fora dos horarios habituais. Para iso o/a xefe/a do servizo de inspección e control dos recursos, por iniciativa propia ou á proposta dos inspectores adscritos ao servizo, poderá aprobar a realización destas actuacións puntuais.
a4/ A realización efectiva das actuacións especiais, deberá acreditarse mediante presentación de acta que deberá presentarse ao xefe/a do servizo de inspección e control dos recursos que dará conta diso á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.
As actuacións programables alcanzarán un total dun máximo de 5 actuacións anuais por persoa.
A5/ No caso que se realice unha actuación programable, o día traballado será compensado cun día de descanso da xornada laboral.
XUSTIFICACIÓN: O numero de efectivos do Servizo de Inspección e Control dos Recursos é de 22 inspectores veterinarios. Consideramos que o número de actuacións programables cun máximo de cinco debe afectar ao total de actuacións desta modalidade a realizar. Non alcanzamos o número de inspectores veterinarios de MEDIO RURAL, POLO QUE É IMPOSIBLE APLICAR O MESMO NUMERO DE ACTUACIÓNS.
Débense recoller os períodos de descanso correspondentes e minimizar os posibles accidentes laborais, xa que temos que asumir que os desprazamentos en coche son de maior recorrido, e coa posibilidade de ter que conducir de noite. Recoller no Convenio os períodos de descanso non é unha opción é unha obrigación.
b.- Actuacións non programables
b.1/ Prolongación – adaptación horaria
b.1.1/ Cando dentro do horario habitual sucedan circunstancias imprevistas cuxa resolución a criterio do/a veterinario/a actuante, resulte inaprazable por razón da salvagarda da saúde pública ou sanidade animal acuícola ou da seguridade na cadea alimentaria, e que por iso requiren da prolongación da xornada fóra do horario habitual do/a funcionario/a, o/a veterinario/a actuante deberá informar das circunstancias ao/á xefe/a de servizo de inspección e control dos recursos quen recabará os datos precisos para autorizar a prolongación horaria.
b.1.2/ O/A xefe/a do servizo de Inspección e Control dos Recursos a proposta do/da inspector/a, ou por iniciativa propia, ante a constatación de circunstancias imprevistas cuxa resolución, resulte inaprazable por razón da saúde pública ou sanidade animal acuícola ou da seguridade na cadea alimentaria, poderá ordenar, directamente ou a través do xefe de sección de Seguridade alimentaria e Sanidade Animal, que persoal veterinario incluído no Sistema de Alerta Veterinaria, realice actuacións directas ou de apoio ao control oficial que requiran da prolongación fóra do horario habitual. O/A xefe/a de servizo de Inspección e Control dos Recursos ordenará prioritariamente a realización destas actuacións ao persoal que se atope cubrindo quendas de localización, e en todo caso este persoal prestará todo o apoio necesario coa finalidade de reducir ao mínimo posible a prolongación horaria do persoal afectado pola orde.
A posible realización da prolongación horaria estaría condicionada coa posible conciliación familiar que o inspector poida necesitar.
XUSTIFICACIÓN: Dende o ano 2008 existe unha nova lexislación de carácter HORIZONTAL, que lle afecta a calquera actividade no ámbito desenvolvido na XUNTA. Moita desa lexislación vai dirixida á conciliación familiar.
Por outra parte o convenio debe recoller con obxectividade o fin para que se constituíu, e as actuacións a realizar non deben estar baixo ningún tipo de subxectividade de decisión por parte da Xefatura de Servizo. Estas actuacións non deben quedar a criterios que se aparten de situacións de verdadeiro risco o perigo de sanidade animal ou saúde publica no ámbito da produción primaria, que non poidan ser atendidas en horario laboral, ademais estes feitos serán obxecto de seguimento por parte dos representantes sindicais no que a esta organización competa.
b.2 Quendas de localización
b.2.1/Para o persoal integrado no Sistema de Alerta Veterinaria, establécense dous tipos de quendas de localización dentro do “Servizo de Alerta Veterinaria Continuada” deseñado para a atender as incidencias relacionadas co control oficial en materia da protección da saúde pública, sanidade animal acuícola ou da seguridade na cadea alimentaria, que poidan suceder fora dos horarios habituais do persoal veterinario:
- Alertas establecidas oficialmente no Sistema de Atención Continuada e de Alerta Veterinaria,
- Alerta establecidas oficialmente por Seguridade Alimentaria na produción primaria.
XUSTIFICACIÓN: O convenio debe recoller con obxectividade o fin para o que se constituíu, e as actuacións a realizar non deben estar baixo ningún tipo subxectividade de decisión ou arbitrariedade, suxeitas ás competencias de cada Servizo.
Quendas de tardes: Desenvólvense de luns a xoves coa seguinte banda horaria; dende as 15:15 hs. ata as 20hs en días non festivos e de 8hs a 20 hs en días festivos.
Quendas de fin de semana: Desenvólvense dende o venres até o domingo coa seguinte banda horaria; dende as 15:15 hs ás 20hs do venres, e dende as 8hs ás 20hs dos sábados e domingos. No caso de que o venres sexa festivo a localización deberá ampliarse nese día entre as 8 hs e as 20hs.
No caso que se realice unha alerta, o día traballado será compensado cun día de descanso da xornada laboral.
XUSTIFICACIÓN: Dende o ano 2008 existe unha nova lexislación de carácter HORIZONTAL, que lle afecta a calquera actividade no ámbito desenvolvido na XUNTA. Moita desa lexislación vai dirixida á conciliación familiar, e ao descanso necesario para disminuir riscos laborais.
b.2.2/ No sistema de Alerta Veterinaria o/a xefe/a de sección de Seguridade Alimentaria e Sanidade Animal e o/a xefe/a do Servizo de Inspección e Control dos Recursos estarán obrigados á realización de servizos de apoio en funcións de coordinación durante as tardes, os fins de semana e festivos. Se as circunstancias sobrevidas o fan necesario, ou ben tras solicitude do veterinario actuante, a xefatura de servizo /de sección poderá considerar a súa participación directa na actuación.
b.2.3/ Os/As veterinarios/as permanecerán localizados a través de teléfonos móbiles postos a súa disposición pola administración, onde recibirán as notificacións de incidencias canalizadas a través da propia estrutura dos SSVVOO, ou no seu caso das forzas e corpos de seguridade.
XUSTIFICACIÓN: Débese establecer un procedemento ou protocolo de realización ou atención dunha alerta, para evitar o caos organizativo, e “que calquera se poña a chamar a quen lle pareza ben”. Esta posibilidade está contemplada no acordo de Medio Rural, pero debe ser revisada, e establecer un CORRECTO PROCEDEMENTO NORMALIZADO onde se describa con nitidez o sistema de actuación e os condutos regulamentarios utilizados para desenvolver as devanditas alertas.
b.2.4/ O/A veterinario/a unha vez recibida a información deberá realizar a correspondente análise de risco en dependencia de cuxo resultado, poderá optar por xestionar a incidencia a través da mesma vía telefónica, ou desprazarse para resolver a incidencia “in situ”.
XUSTIFICACIÓN: Este epígrafe foi incorporado no ano 2008, porque existía un risco inminente de GRIPE AVIAR. Xerouse unha grave crise, que tiña un peso mediatice importante. Naquel momento o número de chamadas ao respecto á XUNTA eran numerosas, e iso propiciou a redacción deste apartado. Se realmente se quere incorporar este texto ao convenio, xustifica aínda mais o incremento solicitado da remuneración que facemos mais adiante, xa que supón que sexa o inspector o que substitúa ao Xefe de Servizo na toma desa decisión tan importante.
b.2.5/ Tendo en conta os efectivos existentes, o número de veterinarios/as para asumir as quendas de localización no ámbito da Comunidade Autónoma, dentro do “Servizo de Alerta Veterinaria Continuada” en circunstancias normais estímase en 2 para toda a comunidade autónoma. Este número poderá ser incrementado puntualmente por resolución do centro directivo competente, oídas as organizacións sindicais, en circunstancias de crise sanitaria declarada, sendo a súa realización voluntaria por parte do inspector, e tendo en conta a posible conciliación familiar e o correspondente dereito ao descanso entre as correspondentes quendas.
XUSTIFICACIÓN: Unha situación de crise sanitaria declarada, no ámbito do noso traballo en ningún caso pode ser atendida a nivel autonómico de xeito prolongada con 22 INSPECTORES, que é o numero actual de veterinarios no SERVIZO DE INSPECCIÓN E CONTROL DOS RECURSOS.
Se existe unha demanda de tal tipo, será necesario incrementar o persoal, non realizar un numero maior de quendas por parte dos inspectores que poden poñer en perigo ao funcionario no desempeño do seu traballo.
b.2.6/ Para cubrir as necesidades do “Servizo de Alerta Veterinaria Continuada” asígnaselle a cada Veterinario de Inspección Pesqueira un total anual de 5 6 quendas de localización de tardes e outras 6 5 de fin de semana.
XUSTIFICACIÓN: Na reunión do 13 de xullo dos representantes da Consellería do mar, cos sindicatos, a VICESECRETARIA aceptaba a inclusión de 5 quendas. Ademais temos que ter en conta que no caso de MEDIO RURAL, son 5 as quendas de localización que desempeñan.
b.2.7/ O cadrante de quendas asignadas ao persoal veterinario será aprobado polo/a xefe/a de servizo de Inspección e Control dos Recursos e comunicado con antelación suficiente aos afectados, correspondendo a lo menos unha quenda por trimestre, semestre.
XUSTIFICACIÓN: Na devandita reunión do 13 de xullo, a VICESECRETARIA aceptaba que no caso da programación de ditas quendas de maneira semestral, concedendo ao xefe de servizo a posibilidade de determinar dita programación.
No caso de Medio Rural poden asumir un cambio nos cuadrantes dun determinado inspector dado o número de inspectores veterinarios cos que conta. No noso caso a previsión debe contar cunha maior antelación para atender con mais axilidade calquera cambio que poida xurdir.
IV Retribución polos servizos efectivos prestados.
A dispoñibilidade para a realización efectiva de actuacións fóra da xornada habitual, e para a participación nas quendas de localización considérase unha condición inherente ao desempeño das función dos posto de traballo de veterinario con función inspectora, polo que se retribúe xa de xeito estable e continuado a través do complemento específico, segundo a cualificación de
cada posto na Relación de Postos de Traballo de conformidade co disposto no “Acordo para a ordenación e mellora dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia”
A realización de actuacións fóra da xornada habitual, como consecuencia da aplicación do exposto nos apartados anteriores, darán dereito á percepción dun complemento de produtividade cuxo importe se calculará en relación directa coas horas ou fraccións de hora efectivamente empregadas, computando como o tempo necesario por cada actuación efectiva o empregado polo/a funcionario/a tomando como punto de inicio e final da actuación a localización das oficinas onde estea destinado, tomando como punto de inicio e final o domicilio do inspector.
XUSTIFICACIÓN: Como se establece no punto b.2.5 o número de efectivos do SERVIZO DE INSPECCIÓN E CONTROL DOS RECURSOS, non permite nada mais que establecer o numero de dous inspectores no servizo de actuacións non programables de quendas de localización. Iso supón que dado o número de 22 inspectores dispoñibles, é necesario confeccionar 11 equipos de dous inspectores con ámbito AUTONÓMICO, É DICIR, os inspectores de “garda” dispoñible na quenda de localización terían que cruzar toda Galicia para poder desempeñar ou atender a posible ALERTA, tendo como media de desprazamento 3 horas( domicilio-centro de traballo,- lugar da alerta, así como a correspondente volta). INSISTIMOS falamos de MEDIA DE DESPRAZAMENTO,…xa que é posible que ese desprazamento chegue as 4 horas( ida e volta).
Esta cantidade de horas EXTRA conducindo ata o lugar de traballo, vai supoñer un risco laboral, que é necesario que sexa considerado, e por suposto remunerado.
(…)As persoas responsables dos diferentes departamentos e/ou centros de traballo serán os encargados de planificar aquelas actividades e procesos con riscos relevantes que afecten a seguridade e saúde laboral, para asegurar que se desenvolven en condicións controladas, integrando activamente o principio de igualdade. Para iso contarán co asesoramento e apoio do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e cos órganos de participación das traballadoras e traballadores, sendo ademais responsabilidade das persoas titulares dos departamentos e/ou centros de traballo o control destas actividades .DECRETO 17/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Plan de prevención de riscos laborais na Administración xeral da Xunta de Galicia. |
Fíxase un valor de 22 euros hora establecendo un mínimo de 3 horas por saída. No suposto de actuacións en horario nocturno (de 22 hs a 8 hs) establécese un mínimo de 6 horas por saída.
Fixase un valor de 29, 64 euros hora para as actuacións en horario de tarde, e no suposto de actuacións en horario nocturno( de 20 hs a 8Hs) establécese unha remuneración de 44 euros por hora de traballo. Estes valores deben incluír unha revisión anual, aplicando a variación anual do IPC, salvo que sexa convocada no ano a correspondente COMISIÓN DE SEGUIMENTO.
XUSTIFICACIÓN: O desempeño do traballo de noite debe ser remunerado de maneira especial, con respecto ao traballo realizado na tarde.
O valor de 22 euros hora, no caso dos traballos feitos na tarde, fora establecido en 2008, dende aquela apenas se convocou ningunha COMISIÓN DE SEGUIMENTO do CONVENIO, e non se estableceu ningún tipo de mellora pola suba do IPC.
Dende o 2008 a subida do IPC está establecida segundo o INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA(INE), nun 8,7%, o que supón que a tarifa de revisión de 22 euros debe estar establecida nun principio en 23,91 euros. Dita tarifa é da que debemos partir para actualizar a remuneración das actividades EXTRAS contempladas neste convenio.
Pero tamén temos que contemplar que os contratos de servizos que a XUNTA realiza coas diversas empresas son públicos, e revisando varios deses contratos comprobamos que a tarifa que a XUNTA ABOA A “UN TITULADO SUPERIOR ou MASTER DE 3 a 5 anos de EXPERIENCIA “ é de 29,64 euros por hora.
Se a Xunta aboa dita tarifa, consideramos que os seus propios empregados terán dereito a cobrar o mesmo.